Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parches da Telefónica

miércoles, 25 de marzo de 2009
A macroempresa denominada Telefónica tivo durante moitos anos a exclusiva das comunicacións en España levando uns anos aclimatándose á nova situación competitiva en igualdade con outras numerosas empresas.

Nesta situación de competencia, as empresas rivalizan en ofertas imaxinativas que pretenden arrancar clientes á todopoderosa compañía que mantivo o monopolio, e Telefónica procura responder de xeito que a clientela se manteña. Todo, tendo en conta que hai negocio para todos porque é un sector en auténtica explosión e o negocio de hai uns anos era infinitamente menor do que na actualidade está en disputa.

A última de Telefónica, polo de agora, é unha iniciativa novedosa que pretende rebaixar o cincuenta por cento da súa factura de fixos e móviles ós clientes en paro, coa limitación de vinte euros por recibo e mes. Cuarenta no caso dos clientes de fixo e móvil. Ademáis suprímese a cuota de abono por linea sempre que se consuma un mínimo de catorce euros ó mes de voz, e o establecemento dunha oficina telefónica de asesoramento sobre as posibilidades de aforro nas telecomunicacións.

O parado con dereito a rebaixa deberá ter unha antigüidade de seis meses como cliente, e no caso de ser de contrato prepago terá que cambiarse ó sistema mixto. Parece un parche ou remedio de cara á galería, pero a Compañía indica que ata medio millón de persoas se poden beneficiar desa medida, co que xa pode considerarse que se é un parche pode estar ben colocado.

Telefónica pretende coller a dianteira da innovación ó resto das compañías, pero moito ten que facer para que deixemos de recordala exercendo o monopolio das comunicacións, e aínda ostentar unha posición de presunto privilexio en relación coas compañías que se van introducindo no mercado.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES