Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día mundial da árbore

martes, 24 de marzo de 2009
O pasado sábado, día 21 de marzo, conmemorouse o “Día Mundial da Árbore”. Tal efeméride -aínda que con datas de celebración distintas nos diversos países, dadas as variantes condicións climáticas- foi instaurada por vez primeira en Suecia, en 1840, cando aquelas xentes tomaron conciencia da importancia dos recursos forestais e das atencións que debe dispensarse ás árbores.

Ninguén dubida da transcendencia da presencia arbórea no noso contorno. Calquera manual nos ilustra acerca desta evidencia: as árbores están xunto ó ser humano dende o principio da nosa historia, polo que os seus beneficios son coñecidos e aproveitados desde miles de anos.

As árbores resultan esenciais para a vida: purifican o ambiente e osixenan o aire, proporcionan sombra, humedecen a atmósfera, reducen o ruído, son capaces de temperar o lugar onde se atopan, xa que provocan sensación de frescura e humidade, incluso detendo as xeadas co seu follaxe; producen alimentos e numerosos recursos, ademais de ser o fogar de multitude de paxaros.

As árbores teñen unha notoria incidencia na calidade de vida e son un factor benéfico para o benestar da humanidade; por eso a Organización Mundial da Saúde recomenda as plantacións dos mesmos en cidades e vilas, é decir na xeografía urbana, sinalando como óptima a existencia de unha árbore por cada tres habitantes.

Cando o home fixo a súa aparición sobre o planeta Terra coñeceo a árbore. Non é posible concebir a vida humana sen a súa presencia. O home de contado decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra, pero que era necesario traballala, para o que precisou de utensilios rudimentarios que lle permitíran labrar e prantar o que despois daría froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.

Unha das mais fermosas e delicadas loas á arbore que coñecemos é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: “El canto es un 'árbol frondoso' plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente, del frescor de sus fuentes, de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es “árbol sagrado”.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES