Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Capital de Europa

jueves, 12 de marzo de 2009
O tópico, en canto a universalización de certas peculiaridades ou características que se dan en determinado colectivo humano, afecta a tódolos pobos, e na maioría dos casos entrena un erro, xa que resulta moi arriscado atribuir á colectividade, por simple adición ou inercia mental, circunstsncias propias de actitudes individuais.

Numerosos son os tópicos que pretenden definir ós galegos, e un deles é aquél según o cal, sendo fondamente individualistas na súa terra, a secular experiencia da emigración os fai solidarios na lonxanía. Os defensores da hipótese aportan como argumento principal o feito de que alí onde se atopan catro galegos xurde de contado un ente arredor do cal se funden, convocados por un sentimento común: paliar no posible a dor que produce a ausencia do mais querido: a súa terra a a súa xente. Así se explicaría a existencia de centros galegos en tódolos confíns do mundo. Pero esa solidaridade xenérica, atribuída en termos globais ós galegos, non deixa de ser, en boa medida, outro tópico: a ausencia da mesma inspirou doridos versos a preclaros poetas coma Manuel Curros Enriquez ou Celso Emilio Ferreiro É certo que sobre todo na ausencia, danse casos de auténtica paixón pola terra nai e que fai que quen a experimenta teña sempre presente a súa imaxe e que a cotío se arrodee de motivacións para o permanente recordo; daí, tamén, o desexo de compartir esta nostalxia.

Heriberto Sixto é un focego de Vilaxoane que en San Xoan de Porto Rico, onde leva mais de 40 anos, rexenta un próspero negocio do gremio panadeiro e confiteiro. Cada ano, ó menos dúas veces (nunca falta á festa do seu barrio, o San Blas) viaxa ó lugar da nacencia. O seu despacho na empresa portorriqueña, da que é presidente, aparece profusamente decorado por fotografías o obxetos alusivos a Foz; mesmo as súas tarxetas persoais locen o escudo do concello nativo. Berto é en tan afastadas latitudes é un pregoeiro do engado destas terras, sempre atento ós avatares de recuncho nativo.

Na matricula dianteira do seu coche americano que circula polas rúas de San Xoan de Porto Rico, en destacados caracteres, pode lerse: “FOZ, CAPITAL DE EUROPA”
Alguen comentoulle un día: - Pero, señor Sixto: ¿no es Bruselas la capital de Europa?
- Para traballar sí, -respostou Berto- para vivir, Foz.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES