Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cohabitadores

lunes, 09 de marzo de 2009
Dicían os nosos devanceiros que as sociedades nunca eran boas porque o espíritu individualista tan noso quedaba afogado, e máis cedo ou máis tarde a unión evidenciábase feble e rompía.

Aparte do fatalismo racial que denota, o certo é que nada humano é eterno, e as unións sociais teñen perigo de romperse como calquera soldadura tradicional que nunca é tan forte coma os metais que une.

A soldadura do goberno galego que está rematando non era das mellores aínda que si funcionou correctamente durante o tempo que durou o acordo, a pesar de que unha das partes pretendeu en diversas ocasións levar a dianteira e a outra parte contratante -neste caso o PSOE- tivo que actuar como apagalumes para que as cousas non se desmandasen.

Agora, José Blanco, o número dous do PSOE nacional, ven recoñecer que o bipartito era un goberno de cohabitación e non de coalición. Agora xa non hai problema por recoñecelo, pero é que cando un matrimonio político se produce entre dous participantes tan distintos funciona máis o interese que o amor, funciona máis a cohabitación -o compartir o poder- que a coalición, que é a fusión, funciona máis o reparto de carteiras que a solidariedade de goberno nun proxecto común, diante das mesmas necesidades e do mesmo país.

Agora é tarde, non hai remedio, como dicía a canción. Para Galicia resultou un pouco forte o experimento de goberno dunha coalición que non logrou o cambio mentras unha das súas partes fixo a guerra pola súa conta.

Todos debemos aprender a lección que o pobo galego ofreceu ó mundo o pasado primeiro de marzo: Galicia quere cambio, e se o cambio non o aprecia ou non lle convén, cambia de novo. Non se casa con ninguén, se previamente non é conquistada pola forza dos feitos e da razón.

Hai catro anos, os galegos viñeron dicir: Aí queda eso... A ver quen consegue gobernarnos, e a ver como se porta. Agora, tamén por catro anos, quixo cambiar.

É moito pobo o noso, estao demostrando, e merece ser tratado con respecto e que se traballe por el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES