Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

CAMILO GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) (II)

lunes, 05 de mayo de 2003
CAMILO GONZLEZ SUREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) (II) (pensamento)
Raramente Gonsar trata de convencernos de nada; probablemente porque a súa multitudinaria condición de narrador e profesor require toda crase de conviccións, necesita dunha liberdade nutricia -mesmo contradictoria-. Por eso resulta tan interesantes as excepcións dos seus ensaios e concretamente deste seu discurso académico -é coma se, por fin, puidéramos “facer pé” na súa orela-. Pese as súas advertencias de subxectividade, atopámonos eiquí cun ideario moi sólido, moi ética e intelectualmente crible e ata organizado,
Ademais de recomendar a súa lectura, polo seu valor histórico, xeracional e pedagóxico, vou intentar sintetizalo eiquí reproducindo no posible as súas propias palabras:

Dende antigo, e moi especialmente na nosa posguerra, venlle sendo discutida a cataláns, vascos e galegos a súa condición nacional. Como moito - e fronte ó “nacionalismo español hexemónico”- agora algúns acéptanlles, paternal e algo pexorativamente, a condición de “nacionalidades periféricas”. Pero, inda así, os principais partidos políticos actuais rexeitan teimosamente mesmo este concepto. Sexan cal sexan os gobernantes, España sigue sendo nisto a España tradicional [palabras premonitorias estas da recente alusión de Aznar ós nosos “ghettos” e da nova teoría lavatoria e sabatina esa das nacionalidades coa que Jiménez de Parga puido discriminar xa por fin ós seus propios devanceiros. ¡E por certo! ¿qué constitucionalista inventou ó café para todos ese das “comunidades históricas”? Frai Gerundio de Campazas sen dúbida, porque, xa postos, menos necio houbera sido invocar o das “comunidades prehistóricas”, poño por caso-.
O idioma é un ingrediente esencial da nacionalidade galega [afirmación esta curiosa e abundantemente corroborada: vinculacións Cultura / Comunicación, verificacións antropolóxicas da súa necesidade instrumental, misteriosas afirmacións bíblicas -“por medio da verba fíxose todo, e sen ela non se fixo nada. Na verba había vida”-. ¡Qué estrañas converxencias!].
Nunha acepción ampla, actividade nacionalista galega é toda aquela que se encamiña a defender a identidade de Galicia e, conseguintemente, a da súa lingua.
A España da posguerra foi a máis hexemónica, dogmática, dictatorial, represora e xenófoba de todas. Todo canto non formaba parte da súa doutrina era para ela unha anti-España, un universo de perdición e decadencia.
Entre as moitas secuelas de aquela afirmación española, estaba entón o silenzamento da presencia de Galicia, incompatible como tal.
A dictadura imperante trataba de manternos pois incontaminados, clausurados nunha mesquiña illa ideolóxica pretendidamente salvadora.


Todo elo orixinou unha claustrofobia chea de irrefreables anceios de liberación cara a “anti-España” e da desordenada lectura de tódalas “heterodoxias” (en especial, das da “xeración do 98”, da literatura francesa en xeral e do seu especial existencialismo en particular, das anglosaxonas e logo xa de tódalas demais).
A causa de todo esto, o noso encontro coa cultura e a historia tardou moito máis do esperable e realizouse en circunstancias nada propicias. Galicia como tal non tiña sitio na Historia de España.


A partir dos anos cincuenta a xeración de Gonsar puido entrar en comunicación con algunhas das persoas máis comprometidas da reivindicación galega; por exemplo, con Celestino Fernández de la Vega e con Ramón Piñeiro.
Unha das máis importantes consecuencias destes contactos foi o maior coñecemento das xeracións galegas de preguerra, inigualables en tantos aspectos. Con especial mención de Vicente Risco e de Xoán Vicente Viqueira, Gonsar fala do encontro entón cun internacionalismo que, coherentemente coa vocación mariñeira i emigrante das nosas xentes, resultou ser conxénito do nacionalismo galego –un nacionalismo internacionalista, pois, que Gonsar reivindica- e, polo tanto, da nosa literatura.
Semellaban aqueles aires abertos e atmosferas ilimitadas.
O descubrimento do noso feito político-cultural supuxo para Gonsar a posibilidade dunha plena adhesión a un pobo e a unha lingua condenada ó exterminio. Pero tamén a posibilidade de participar no desenvolvemento, precisamente, dunha literatura aberta.
Inda que a literatura ten un fin en se mesma, pode asumir tamén outras funcións tales como as da perpetuación dunha lingua galega que, baixo a presión castelanizante, encontraríase noutro caso ameazada de extinción.
Esta presión exércese non soamente a traveso dós nosos colonizados medios de comunicación, senón tamén da complicidade de boa parte do pobo galego e mesmo da nosa xuventude “culta”, que considera vantaxoso pasarse ó castelán.
Nembargantes, o éxito dos nosos castelanistas é ben pobre. A parte do miserento “castrapo”, outras aproximacións autonegadoras nosas foron acollidas sempre polos castelano-parlantes con desprezo, mesmo se quen as intentaba era o seu mesmísimo Franco (Gonsar comenta que, nun artigo calificado de “delicioso” polos editores, un tal Gregorio Salvador dí que Franco tiña a mesma deficiente capacidade lingüística castelán de tódolos galegos –e tamén de tódolos “nenos que en Francia / dende a máis terna infancia / saben falar francés”, digo eu-).


As masas urbanas desgaleguizadas son unha mostra de como a perda da fala galega podería implicar tamén a desaparición do pobo galego como tal. Nembargantes a fala non desaparecía realmente se quedara preservada, como parte do hegeliano “Espírito Obxectivo”, pola literatura. Mentres a literatura galega alente, o galego nunca será unha fala morta.
Outra misión transcendente da nosa literatura é a de que, nunha sociedade cada vez máis audiovisual, ela será o elemento de difusión indispensable para o fortalecemento da nosa conciencia.
A literatura galega é unha literatura anómala, interrompida pola descontinuidade dos “séculos escuros” e a máis violenta interrupción da nosa dictadura. Practicada por un pobo sen gran memoria histórica, corre o risco de querer queimar etapas mimetizando a outras literaturas ou predeterminándose con teses “esencialistas” sobre a galeguidade -humor, fantasía, moderación, sutileza etc..- Todo esto non faría máis que coartar a liberdade do escritor, dende logo, pero tamén desembocaría no mesmo nacionalismo pechado e intransixente que rexeitamos.
Fronte á literatura dos nacionalismos hexemónicos, coia gloriosa historia termina por non ser outra cousa que unha cárcere de autosuficiencia, orgullo e limitación, o escritor galego semella mellor situado que o castelán para as descubertas temáticas e plurinacionais.


(final)
Dende unha atalaia da tersa tardiña castelán, vexo xa coma empezan a tremer por igual as constelacións do ceo e da cidade e como, pouco a pouco, vánselle incorporando tamén os outros meus astros interiores: Chejov, Knut Hamsum, Pimentel, Rilke, Novoneyra, Fole, Elliot e tantos outros.
Entre eles, están as narracións de Gonsar. De vez en cando abro unha calquera, ó azar. Dáse entón a estraña casualidade de que, coma Richard Ford dicía en ocasión semellante, “elas danlle sempre a miña vida ó que [nese momento] lle faltaba”. Unha e outra vez caen sobre min coma unha nova oportunidade ou coma unha sorpresa. A través delas podo entón ollar recantos escondidos do pasado. Sobre o ocaso podo ver tamén nidiamente a “nube cárdena do asombro” e, nembargantes, regresar logo a vontade, ileso, a unha cotidianeidade “solidamente establecida”.
Suntuoso firmamento este; inexplicable privilexio o de ter nado entón, galego e entre eles.

E xa non quero estorbar mais.

22 de Febreiro do 2003
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES