Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe á Muller (I)

jueves, 05 de marzo de 2009
O vindeiro domingo celébrase o "Día Internacional da Muller Traballadora”, unha
efeméride que ven a pór de actualidade, con especial énfase, o papel da muller na
sociedade, na perspectiva de axente productora de riqueza e benestar.

Hai quen están en contra destas xornadas, baseando a súa actitude na teoría según a cal "o día de..." on vai a modificar os comportamentos nin a valoración que a sociedade fai do colectivo ouxeto da homenaxe; argumentan a tal fin que "o día de..." tería que ser tódolos días do ano. E non lles falta razón.

Pero un pensa que aínda que a muller -neste caso- non vivira discriminada pola sociedade; que as súas condicións sociais, laborais e de todo tipo fosen idénticas ás dos seus conxéneres ; que o respecto á súa persoa, a consideración á mesma, ou que a igualdade de oportunidades fose un feito tanxible..., a muller, por enriba de todo ísto, sería merecente do seu “día”. A muller, a secas, sen adxetivos, porque o seu papel na vida transcende con moito a todo aquélo que pode ser coantificable, e que tan só é mensurable co baremo dos sentimentos.

Traballador/a é, según o diccionario, todo/a aquél/a que trabilla. Entón ¿qué muller non é traballadora?¿Cal é a que non traballa?.

O concepto de traballo mudou cós tempos. O debuxo da portada da prestixiosa revista “Vida Gallega”do mes de Xullo de 1918, amosa unha estampa na que, dende a eira da casa, unha familia, rodeada de animais domésticos e aperos de labranza, ouserva cómo ó lonxe pasa pola estrada un home esforzándose en arrastrar un carro. O rapaz pregunta:
-¿Quen será...? E o pai resposta:
-¿E quén ha de ser?. Un lacazán, un palanquín que por preguiceiro anda polos camiños tirando dun carro, vendendo lenzos, agullas e outras cousas, sudando mais que un touro. ¡Todo por non traballar!

Naquela sociedade primixenia, netamente campesiña, todo o que non fose sachar, arar a terra e labrala, coller no monte, estrar as cuadras, muxir as vacas... non era traballar. ¡ Por eso aquel home, que suaba coma un touro polo esforzo realizado na procura de compradores para as súas mercadurías, era un lampantín folgazán!.
A transformación social experimentada en tódolos ámbitos: a producción, a economía, o desarrollo industrial e tecnolóxico, as necesidades no eido dos servicios sociais: a sanidade, a ensinanza, a cultura, o comercio, o ocio, a burocracia... abriron un abano de infinitas posibilidades para a ocupación laboral das xentes; e aí están as mulleres gañándose a pulso postos de liderago na sociedade de hoxe, primacía que se está a dar e que nun futuro non só non remetirá senon que se afianzará, se temos en conta, por exemplo, que no eido académico, colectivamente as mulleres son mais brillantes nos estudios que os homes, mais responsables, e que social e culturalmente son mais interesadas e participativas que os varóns. Nada ten que ver as actuais circunstancias con aquelas que en 1841 obrigaron a que Concepción Arenal tivera que vestirse de home para asistir ás crases na Universidade; hoxe a matrícula feminina é superior á masculina.

Para decatarse desta evidencia non hai mais que botar unha ollada ó noso arredor, observar a vida cotidiana e ver cómo as femias, mais que os homes, se afanan en actividades sociais e culturais ou asociativas; cál é a proporción dos sexos en asistencia a actos de todo tipo e quenes, en todo tempo, están dispostos/as a aprender.
Aínda que sobre os feitos ocurridos aquel 8 de Marzo de 1857 discrepan algúns historiadores, que puideron ser: o incendio nun taller textil de Nova Iork, no que morreran queimadas as obreiras que participaban nunha folga; ou, según outras versións, a marcha convocada tal día polo sindicato de costureiras, que reclamaban unha xornada laboral de só dez horas, a data quedou para a historia como o inicio do movemento feminino en reivindicación dos seus dereitos, laborais e humanos, que xa non se interrumpiría ó longo de todo o século XX e que, sen dúbida, proseguirá. O 8 de Marzo é todo un símbolo.

Quede neste modesto comentario, coincidindo coa efeméride histórica, a nosa homenaxe mínima “á muller “; sen adxetivos.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES