Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ministro máis, unha empresa menos

miércoles, 25 de febrero de 2009
Francisco Caamaño, é o novo ministro de Xustiza do goberno de España. Substitúe a quen unha caceiría inoportuna lle fixo perder a carteira.

Por outra parte, Endesa, que todos considerábamos galega aínda que o seu accionariado fose nacional, xa deixou de ser nacional e galega ó estar controlada na súa práctica totalidade por accionariado italiano.

Suponse que a existencia dun galego no goberno vai traer consigo unha maior preocupación do goberno por Galicia, ó ter información directa das nosas realidades e necesidades. E con este, xa son catro os galegos que ostentan reponsabilidades ministeriales.

O mesmo se pensaba do ferrolano xeneral que durante trinta e seis anos gobernou os nosos destinos, pero daquela Madrid quedaba lonxe. As distancias hoxe son menores ou recórrense máis rápido, pero non hai ningunha garantía de que a maior número de Ministros -aínda falta José Blanco- maior atención do goberno polos intereses dos galegos.

En canto ás empresas, posiblemente tampouco haxa moita relación entre a “nacionalidade” do seu accionariado e o impacto benéfico da súa existencia e funcionamento no contorno ou mesmo no país de asentamento.

Os dous temas que mesturamos teñen un importante compoñente sicolóxico: A bondade dos ministros coñecidos e a maldade do capital descoñecido. E quizais o resultado sexa exactamente o mesmo con ministros coñecidos ou descoñecidos, con empresas propias ou alleas. Porque un político ten uns deberes independentemente da súa orixe, o mesmo que o capital ten unha vocación independentemente da súa procedencia.

Ou sexa, que é o mesmo ter un ministro galego máis no goberno, que que sexa foráneo o capital de Endesa. Eso, sendo realistas. Pero como aínda nos queda algo de ilusión infantil, pensamos que é bo que haxa un galego máis por esos mundos e que non é tan bo que unha empresa como Endesa se nos vaia das mans. Tempo ó tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES