Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións e Antroido

viernes, 20 de febrero de 2009
A coincidencia no tempo da campaña electoral co antroido non deixa de resultar un feito singular, chamativo ou que mesmo pode inducir ó equívoco. A natureza de ámbolos eventos e as similitudes que se dan no desarrollo deles; os personaxes tradicionais (dos que é o mais significado o deus Momo da mitoloxía grega que, ¡ollo!. polas súas irreverencias foi expulsado do Olimpo), e a posta en escena, moitas veces tan semellantes; as diversas actitudes adoptadas polos distintos protagonistas, que seguen idénticos camiños da parodia, a burla e a transgresión, fan que, de producirse de xeito simultáneo, o espectador chegue a dubidar e se sinta confundido: se “aquélo” ó que asiste é un acto da campaña electoral ou un episodio na honra de Don Carnal, no que como é sabido toléranse as mais insólitas situacións, os disparates mais incongruentes e as expresións mais risibles por irracionais. A mesturanza que pode producirse entre as dúas programacións van aportar unha dose de coorido e de exótica novidade, polo estranas ás acostumadas do antroido, baseadas tradicionalmente no inxenio, o sarcasmo, a sátira e a creatividade popular e espontánea, que poden verse dalgún xeito distorsionadas pola intromisión duns elementos que ata o de agora lle foron alleos e que poideran alterar a forma ancestral de expresarse, libre e despreocupada, neste tempo de tolemia colectiva, moitas veces utilizado en sentido contestatario e burlesco e o cuestionamento do orde estabrecido, á que inesperadsmente veñen a sumarse os políticos. É certo que a celebración désta, como a de outras manifestacións populares, foi cambeando ó longo dos tempos, na medida en que o fixo a sociedade; pero coidamos que esta intromisión política pode significar unha agresión ó mesmo. Alguen dixo que “nada mellor que o tempo de carnaval para celebrar unha feira do voto na que todos -sen distinción de ideoloxías- compiten en vender peines para calvos”. Tendo en conta o marco no que van desenvolverse é de supoñer que os mitineiros cubran os seus rostros con máscaras, conforme co histórico precedente: a representación das obras do teatro clásico na vella Grecia. En todo caso esta vez as promesas -que non se cumprirán, coma sempre- chegarán envoltas en papel confetti e serpentinas. ¡Unha gozada!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES