Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguridade nos polígonos industriais

martes, 03 de febrero de 2009
O tema da seguridade das instalacións comerciais e industriais sempre está de actualidade, e agora póñena de novo en primeiro plano os membros da Asociación de empresarios do Polígono de Vilalba que plantean a necesidade de incrementar a vixiancia durante as noites para evitar roubos e danos nas instalacións.

O problema existe noutros moitos lugares e en Mos – Pontevedra, por poñer un exemplo, diante do aumento dos roubos os empresarios téñense dirixido á subdelegación do Goberno para que dote de efectivos abondos as concentracións empresariais por estar en zonas alonxadas e necesitadas de atención.

En Lugo, no polígono do Ceao foi un tema que se planteou hai moito tempo por parte da Asociación de empresarios, e a mediados dos anos noventa contratouse a vixianza cunha empresa privada co que durante as noites hai un vehículo cun vixiante recorrendo as rúas do polígono, en contacto coa policía municipal.

O problema que se planteou en Lugo daquela era que non todos os industriais pagaban a súa cuota de vixiancia. E así, uns pagaban o servizo e outros disfrutaban del gratuitamente sen que o vixiante fixese ou pudiese facer diferencias entre uns e outros.

Plantéase en Vilalba un servizo de vixianza con cámaras que serían colocadas nas vías de acceso ó polígono co que se detectaría calquera entrada de vehículos ou persoas en horas desusadas. Descártase polo seu custo a vixianza directa. De todos os xeitos a vixianza a través de cámaras require dunha atención complementaria con outro tipo de persoal porque do contrario o tema só valería a posteriori, repasando as gravacións obtidas despois de que se producira calquera actividade delictiva.

O ideal sería que un polígono coma o vilalbés estívese totalmente pechado e entradas e saídas se efectuasen por lugares debidamente vixiados e controlados, pero un servizo así é inasequible para os industriais afectados, alomenos por agora. Tempo chegará en que o poder das empresas permita este reforzo da seguridade. Porque pouco a pouco estas instalacións alcanzan unhas dimensións económicas moi notables que requiren servizos comúns, e cada vez irá a maís porque a tendencia é a de retirar dos núcleos habitados as industrias e talleres, máis se reúnen características como para ser incluídas entre as actividades molestas, nocivas, insalubres ou perigosas.

Cando hai uns días crucei o polígono puiden observar as dimensións de moitas das súas empresas e o transporte que circulaba polas súas rúas. Xa temos un polígono empresarial moi importante, e máis que o será no futuro.

Eu coido que o polígono vilalbés medrou con bastante máis velocidade que o lucense do Ceao que naceu hai trinta e tantos anos e a comezo dos noventa aínda había problemas para conseguir lineas telefónicas, e o abandono dos poderes públicos era evidente.

Os últimos anos para O Ceao foron os da impulsión definitiva e ampliación de superficie. O mesmo vai pasar co polígono vilalbés que moi axiña vai contar cunha estación da Inspección Técnica de Vehículos e co futuro parque de bombeiros, e a súa superficie vai ser considerablemente ampliada.

É o momento de pensar na seguridade colectiva das instalacións, e nese aspecto ten que haber colaboración dos organismos oficiais e os particulares. O concello coa súa policía local deberá colaborar na vixianza, a garda civil exercerá as competencias que a Lei designe, e os empresarios han de aportar a súa forza para conseguir o control que se pretende. E mesmo as Axencias de seguros con intereses na zona poden colaborar nun sistema que lles vai evitar importantes pagos no caso de actividades delictivas.

A todos interesa a seguridade, e todos debemos involucrarnos nela.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES