Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pantasma do paro

lunes, 26 de enero de 2009
Os problemas que nos aqueixan aparecen e desaparecen no horizonte segundo se vaian producindo acontecementos no noso contorno. E así, segundo eses acontecementos, o terrorismo pode ser o primeiro problema para a nosa sociedade, a seguridade persoal ou dos nosos bens, ou o problema do paro. Entre estes tres problemas están as nosas máximas preocupacións, que rotan, aparecen e desaparecen cunha fluidez paralela ós acontecementos que a diario invaden a nosa capacidade de percepción.

A marcha económica do país é un elemento novo que apareceu hai poucos meses e se introduciu entre o pequeño abano indicado, asombrándonos a velocidade coa que se pode camiñar entre a euforia da bonanza económica e a anguria da crise descuberta de repente.

Esa crise trouxo o paro que coas súas cifras reflicte un problema e milleiros de dramas. En concreto, en España, ese drama alcanza de xeito total a oitocentas mil familias que teñen a todos os seus membros en paro. Drama que afecta a outros centos de milleiros de familias que teñen algunha persoa nesta situación, co que eso supón de falla de ingresos, de desasosego, de destrución da persoa afectada.

Os gobernantes manexan as cifras de paro o mesmo que calquera outra da macroeconomía e resultan ser partes dun esquema económico e social comparables ó produto interior bruto, ás producións industriais, ás cifras de consumo ou os investimentos e a evolución da bolsa. Pero o paro fala de persoas con problemas, de falta de recursos, de atentado contra a dignidade persoal, de atentado social contra as familias, de problemas que parecen irresolubles e que non poden referirse a unha determinada cantidade. Son cadanseu problema social multiplicado polas cifras que os gobernantes manexan.

O do paro non é un problema máis. É a parte visible do problema. Verdadeiramente, é o problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES