Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tomar as de Villadiego

viernes, 23 de enero de 2009
Teodosio Vesteiro Torres é un escritor do S. XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi efímera: morreo tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendencia luguesa naceo en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresou no seminario onde os éxitos académicos non se fixeron esperar, e sendo aínda estudante chegou a rexentar unha cátedra de Humanidades.

En 1871abandona o seminario sen chegar a ordenarse e trasládase a Madrid onde traballa como profesor de música e publica artículos e poesías en diversas revistas. Funda a “Gaceta Literaria”, colectivo. que reunirá ós intelectuais galegos residentes na capital, entre os que se atopan, amais de outros, Añón e Curros Enriquez, institución creada para “contribuir á prosperidade de Galicia”, que tivo unha curta vida: tan só 4 meses. Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos e “Recuerdos de Galicia”, nun dos artigos deste da unha versión sobre a orixe do proverbio “tomar as de Villadiego”. Segundo él, alá polo S. XVI vivía en Ribadeo don Diego de Villalpandro, deudo dos condes daquela vila. Por cuestión de amoríos o tal don Diego viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando o corazón coa súa espada ó seu contrincante. Por temor á xustiza, don Diego de Villalpandro fuxíu de Ribadeo e non parou deica as poximidades de Burgos. Alí para ocultar a súa personalidade trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego.O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz viuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”.

“Las de Villadiego”, contestaron as xentes, e decían a verdade. O maxistrado despachou
exhortos á vila de Villadiego en requisa de don Diego de Villalpandro, contestando os de aquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.

E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: “tomou as de Villadiego”.

Vesteiro foi unha alma atormentada, e o fracaso da “Galicia Literaria”, na que puxera tanta ilusión e entusiasmo, e a influencia do espíritu romántico da época, que ás veces acadaba consecuencias límite, propiciaron que o día 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida disparándose un tiro de pistola na sien, no paseo do Prado de Madridó ó xeito que uns anos antes fixera o romántico Mariano José de Larra.

Precisamente no enterro de este último outro grnde do romanticismo español, José Zorrilla, dérase a coñecer como poeta cun poema cuios primeiros versos, decían:
Ese vago clamor que rasga el viento
Es la voz funeral de una campana;
Vano remedo del postrer lamento
De un cadáver mohino y macilento
Que en sucio polvo dormirá mañana.


Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES