Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: Afiliados por decreto

martes, 23 de diciembre de 2008
Hai uns días, con motivo de traer ó sobrado colectivo que sostén esta columna, unha conversa testemuñada que mantiven cun delegado provincial da ala nacional de San Caetano, falei de ata qué punto os políticos son dados a afiliar as nosas ideas -por decreto- no partido da competencia. Sobre todo, se as ideas que postulamos -ou sobre as que reflexionamos- non adoitan coincidir co abecedario ideolóxico que acostuman a remitirlles a eles dende as secretarías xerais encargadas de amosarlles onde debe estar, en cada ceo, a estrela polar dos seus pensamentos; sempre coa desculpa minimalista e peregrina de coordinar mensaxes e unificar criterios.

É certo tamén -cousa que, penso, deixei demostrada no devandito escrito- que esa tendencia a colocarnos no anverso ou non envés da moeda partidaria baixo o principio elemental dos números primos -é dicir, o de estás contra min, se non estas comigo- é común a tódalas formacións políticas, sexa cal sexa a súa tendencia ideolóxica; sen se decateren de que o canto que separa a cara e a cruz das ideas políticas é agora moito máis groso có das vellas "cadelas" de Franco. Polo que, máis ca un canto, é un campo inmenso e fértil, ou mellor dito, un comunal do que eles non son propietarios e no que por fortuna sacha, ara ou roza ó seu libre albedrío a absoluta maioría natural da sociedade.

O caso que me move a reflexionar, novamente e en tan poucos días sobre isto, é, sen embargo, o contrario.

Pois, se hai uns anos eran un bo mangado os políticos do PP que me situaban por decreto refractario no Bloque, e agora son morea no Bloque os que por decreto semellante me sitúan no PP; resulta que estes días souben que o partido de Rosa Díez (defínoo así porque UPD ata o de agora é unha entelequia) por un decreto -neste caso de abdución- incluíume na súa organización sen consultarmo, facéndome chegar unha carta dende o "departamento de afiliación" na que -aínda que me mudaban o apelido Feijóo por un Fernández máis común para os seus tímpanos- textualmente dirixíanse a min nestes termos: "Hemos tramitado tu solicitud de afiliación a Unión Progreso y Democracia y, en consecuencia, has quedado incluido en los correspondientes ficheros a efectos de envíos y comunicaciones"... E velaí que se quedaron tan anchos.

Quén os levou a incorrer neste mal entendido, non o sei. O que si sei é que, se tomando pola man licencias deste estilo pensan que van crecer, desculpe a ordinariez, pero, certamente van "fodidos".

Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES