Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

martes, 23 de diciembre de 2008
Sabiamos que estaban ó caer, pero o marxe era amplo, e tratábase de non facelas coincidir nin coas eleccións vascas nin coas do Parlamento europeo.

As do Parlamento europeo interesan menos porque a cousa aínda nos queda lonxe e eso de que as circunscricións sexan tan amplas resta interese á elección. As eleccións vascas si que inflúen porque segundo se vaian achegando vanse producir reafirmacións de posturas nos partidos non nacionalistas marcando diferencias que sempre han repercutir en todo o Estado.

Xa se sabe que Galicia vai votar o día primeiro de marzo, nun momento no que se seguimos ós augures económicos a crise vai ser moito máis patente que no momento actual. E xa empezan a escoitarse voces que anuncian que o ano 2010 vai ser aínda peor que o que estamos a punto de recibir.

Se sempre hai que votar en conciencia, nesta ocasión con igual ou maior razón, porque nos agardan catro anos nos que hai poñer todos os sentidos máis o sentidiño que se di temos os galegos na gobernación deste país.

E os gobernantes precisan ter, ademáis de coñecementos e apoios, mans libres para tomar as decisións que consideren convenientes para levar a bo porto a nosa economía e a nosa sociedade. Precisamos que das eleccións salla un goberno forte, con claridade de ideas, cun programa a cumprir que contemple a grave problemática na que nos atopamos.

Os tres partidos con representación parlamentaria, máis os grupos que se coñecen ou aparezan con interese en participar, deberán explicar moi claramente cales son as súas propostas, as súas ideas, as súas solucións. Na nosa man está darlle un goberno forte a Galicia. Vaiamos cavilando o noso voto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES