Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

NON Á GUERRA

lunes, 17 de marzo de 2003
Mestres: e o quinto mandamento ¿de quen é? ¿de Deus ou do César?

Limiar
Pode que estas reflexións semellen estar demasiado afastadas dos seus intríngulis legais, políticos e estratéxicos. Pero, sendo a xustiza bastante inxusta, a política proclive e a estratexia conxenitamente homicida, non quixera eu eiquí complicar inutilmente máis as cousas. Soamente unha observación: si coma algúns din esta guerra fora ilegal, os promotores dela poderían estar incorrendo en delincuencia.
Nin sequera Sadam alcanzou o mesmo tempo, coma Aznar, o 100% de adhesións partidistas, o 90% de repulsa popular e unha moi maioritaria oposición da ONU. Nestas condicións, ¿qué se lle perdeu a Aznar precisamente en IRAQ? ¿e que tamén no contubernio ese de mañán nas Azores, cun simpático detentador de Xibraltar e un contrito iluminado?

O Caso
Coma xa vimos con ocasión das Torres Xemeas, agora -e a falla de mellores alternativas- o caso IRAQ está dividíndonos a todos de novo co imposible dilema ese de matar ou ser matados. Os políticos, coma consecuencia da súa foraneidade e interinidade, non foron capaces de deseñar dende entón nada distinto. Unha especie de esquizofrenia está pois partíndonos outra vez pola metade: ás nacións, á sociedade, a gobernos e gobernados e a cada un de nos mesmos.

As outras opcións
Dende logo, en contra do que di a oposición, a “falla de certezas” no caso Sadam non pode ser por se mesmo un argumento disuasorio da intervención –se eu vexo, poño por caso, que un ladrón, despois de apuñalar a un veciño, vólvese cara a miña casa negando portar navalla algunha, non tería nada de particular que eu lle pegara catro tiros-. Pero a cuestión non é esta: no noso IRAQ o criminal colleu ademais rehenes. A poboación iraquí, inocente escudo “secuestrado” polo dictador, de ningún xeito podería entón ser sacrificada no noso lugar -tal coma semella postular a oposición e, anque acorde cos Mandamentos, Benaventuranzas e incluso cos manuais da policía nacional, o PP non pode dixerir-. Hai un truco para esto: Aznar protesta estar na mesma liña cos demais e, soslayando a casuística disuasoria dos rehenes, levántase co trofeo de que a Paz depende só de Sadam. O profundo desprezo intelectual e ético que esto supoñe para todos nos soamente pode ser superado polas apostilas folclóricas do Arenas -que moito nos aburre-. Non é esta cousa de tolos, non. É cousa soamente de señorías que por aquelo do 100% coidan non necesitar xa razoes para ter razón. Dado que os parvos escasean e argumentos non hai, debe de ser que a razón é outra.
Este inmenso xeito pacífico -non forzosamente pacifista-, non condicionado, contrario a moitos gobernos e xeneroso ata a temeridade, semella ser o resultado dunha cristianización xeral en marcha. Pero as institucións eclesiais non poden arrogarse semellante mérito. É Cristo mesmo quen, pese a todo, está zoando a través da nosa fronda histórica e cultural. Anque algúns estemos necesitados de atención relixiosa e todos dunha interposición que a separación de Igrexa e Estado non impide nas cousas de Deus, o indubidable agora é soamente esto: o quinto non matar. Logo xa veremos.
Nembargantes esta simplista actitude*, sen máis, ben puidera derradeiramente non traer tampouco paz. As opcións non están pois nin na paz nin na guerra soamente senón na paz si pero ¿cómo?
Precipitadamente, a ONU, sen máis base que unha profunda incertidumbre, deseñou sobre a marcha unha especie de alternativa diplomática, unha ruleta rusa, que consiste en desarmar a IRAQ pouco menos que “baixo palabra de honor” –traballo este no que involuntariamente tamén intervén a ameaza USA-. En calquera caso, esta iniciativa, e o seu coñecido risco, semella ser a única decisión acorde co actual humanitarismo.
O belicismo, desacreditado polos seus repetidos, multiseculares e desalentadores fracasos, paradoxicamente xa non se pode tomar moi en serio.
Trala gran humillación e tamén a grandeza do 11-S, o tempo, baleiro, consumiu xa as primeiras oportunidades dunha Ofensiva de Paz organizada. Pero pode que inda haxa tempo.

Vantaxes da Paz
Non é probable que USA acceda á Paz pero, sendo a guerra fondamente repulsiva, faremos soamente un reconto das potenciais vantaxes daquela:
-Evitaría unha masacre de inocentes.
-Corrixiría algo “esquizofrenias” xeneralizadas:
Restaurando a ONU, Europa, a OTAM e a economía, sobre todo doméstica
Levando á coincidencia a pobos e gobernos, a éticas e políticas, a feles e igrexas
Producindo homes máis equilibrados, razoables, esperanzados, mansos e fortes; máis humanos, en suma.
Vaciando artificiais antagonismos relixiosos e étnicos.
Atenuando a torpidade dos nacionalismos hexemónicos .
-Debilitaría perigosos imperialismos, dictaduras, militarismos, chulerías e mafias.
-Xunto con outros, e pese a Rumsfeld, a Vella Europa induciría por fin un Orden Novo.


Ao norte do Edén
Pese a súa atormentada historia, IRAQ foi, entre outras moitas cousas, encrucillada de tódalas primeiras migracións do home, berce cultural de Occidente e sede do Edén. Nalgún intre, “todos fomos iraquís”; gran parte dos nosos alimentos (o trigo e outros cereais, froiteiros, forraxes, gandos etc.) foron eilí xenesicamente “inventados” e, incluso, pode que a nosa perdida inocencia orixinal vague inda á deriva “ó S.O. de Bagdad”, merodeando o Edén -non sería pouca cousa recuperala-.
Ademais do quinto mandamento, o César debería pois coñecer mellor estas cousas.
___

*E, por certo, ¿que fai tanto premio “nobel” por aí solto, coma se a Academia Sueca tivera a exclusiva dunha distinción que descoñece e os premiados foran os mansos dun suposto “gando intelectual”? Desluce tanta pesadez.

Madrid, MANIFESTACIÓN "NON Á GUERRA" do 15 de Marzal do 2003, 18:00 / 20:30
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información