Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A idade dos funcionarios

martes, 16 de diciembre de 2008
A mellora das condicións de vida, da saúde, os avances sociais e todo o cunxunto de factores que están na contorna do ser humano e da súa actividade fan que moitas veces os anos sexan un punto de referencia pero non algo decisivo para unha determinada situación, estado ou actividades.

En tempos, a mayoría de idade estaba situada nos vinteun anos. Agora nos dezaoito. E a saber que nos pode deparar o futuro, porque o Conselleiro da presidencia da Xunta de Galicia ven de anunciar que se están a estudiar determinados aspectos que sirvan de base a unha futura lei da Función pública, entre os que están a rebaixa de dezaoito a dezaseis anos a idade mínima para poder concorrer ás probas de acceso á Administración pública galega.

Certamente os nosos rapaces son cada vez máis precoces, e os anos son punto de referencia pero nada máis. O que cabe pensar é se esa rebaixa inicial significará similar acción en canto á idade de xubilación, para que os liberados das obrigas funcionarias poidan disfrutar de máis tempo teórico rematado o seu periodo de exercizo activo.

Porque os que entren ós dezaseis anos na administración galega terán corenta e nove anos de antigüidade no momento de xubilarse ós sesenta e cinco anos. Que parecen moitos, cando para efectos de xubilación só contan as cotizacións dos últimos quince.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES