Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ánxel Hermida

miércoles, 26 de noviembre de 2008
O pasado fin de semana tivo lugar en Vilanova de Lourenzá unha homenaxe ó prestixoso industrial daquela vila, Anxel Hermida, co gallo do seu nomeamento como Fillo Predilecto do devandito concello.

Mais de 500 persoas asistiron ó mesmo o que reflicte a acollida desta distinción por parte da opinión pública de toda a comarca; e tan pouco pode ser doutro xeito cando estamos a falar dun mariñán exemplar, loitador polo desarrollo da súa terra e o benestar das súas xentes. Iniciado profesionalmente no modesto taller de carpintería familiar, con visión empresarial, esforzo e traballo, desde esa modestia que é patrimonio dos grandes homes, foi quen de acadar o posto destacado entre a elite dos empresarios galegos. que hoxe ocupa, presidindo unha empresa que mantén mais de 200 postos de traballo.

Anxel Hermida é, por diversas razóns, un home singular en canto que racha co arquetipo do industrial potentado que o tópico -sempre os tópicos teñen unha base real- nos describe pois se dí, xeralizando, que cando éste logra tal status, a sucesión afunde a marca e abandona a actividade. Exemplos abondosos, de variados sectores, temos na nosa bisbarra. Pola contra Anxel ten garantida a continuidade de ámbalas dúas e nestes intres a piques está de encetar a actividade nunha nova era de Muebles Hermida, co que acaso é o seu maior e mais ilusionante proxecto.

Anxel mantívose fiel á súa terra e á súa xente; porque é fácil intuir que non lle faltarían os cantos de serea que pretenderan seducilo para unha deslocalización da súa industria en base, por exemplo, ás razóns de unha loxística de proximidade de mercados, que as infaustas vías de comunicación sempre nos afastaron… Pero él, amante da súa terra, non se moveo do seu recuncho nativo, do que é Fillo Predilecto.

Anxel Hermida é un exemplo para moitas xentes da actvidade exconómica; é polo tanto un modelo a seguir sobre todo en lugares coma o noso con déficit de emprendedores, de xeradores de riqueza, de arriscados inversores, de creadores de postos de traballo…
A Asociación O Mundo de Galea así o entende e así o recoñece cando no seu día o distinguiu ó investílo Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES