Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nart en Foz

martes, 11 de noviembre de 2008
A programación cultural de Caixanova trouxo o pasado xoves a Foz ao popular xornalista Javier Nart, coñecida figura mediática pola súa frecuente presencia nos medios audiovisuais de alcance estatal participando en tertulias e debates sobre diversos temas de actualidade; e en verdade que o anuncio espertou a esperada expectación: a sala de actos da Casa da Cultura rexistrou un cheo que desbordou a capacidade. Diremos tamén que a charla, titulada xenéricamente “Desajuste estratégico mundial”, do que responsabiliza sobre todo á corrupción dos políticos, e que centrou no cambio climático, foi seguida con expectante atención pola numerosa audiencia.

O señor Nart, con esa claridade e contundencia que o caracterizan, debuxou un panorama catastrófico para o futuro da Humanidade sen sequera conceder a posibilidade remota de que no longo camiño do cambio puideran mudarse as circunstancias ou mesmo que a Natureza, tan sabia e poderosa, artellara instrumentos de autodefensa que eliminaran, ou paliaran, tan nefastos augurios. Como en boa medida os entendidos se moven no terreo das conxeturas, haberá que esperar, eso sí adoptando todas as precaucións recomendables, o transcurso dos acontecementos. O xornalista, que evidenciou os seus fondos e variados coñecementos, mesmo dos países mais exóticos, defendeo unha hipótese apocalíptica, que por veces nos lembraba o fin do mundo do que falan as Sagradas Escrituras.O acto foi un éxito: parabéns aos responsables.

Nós coñecemos a Javier Nart desde hai quince anos. Daquela, convidado por TVE, acudimos ós Estudios en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) dende os que se emitía o programa “Tribunal Popular”, de cuio xurado naquela ocasión formamos parte.
Tres prestixosos xornalistas e abogados facían as veces de: Xuiz, Xavier Foz; defensor,
Ricardo Fernández Deu e fiscal, Xavier Nart.

Mantivemos longas conversas con eles, pois había algo que a nós nos interesaba:
descubrir si existía algún tipo de relación do apelido do xuiz co noso pobo. Empeño
inútil porque este señor ignoraba todo precedente. Mais tarde soubemos que o apelido
procede de Francia e ahora controlamos mais dun cento de persoas que son Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES