Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pardiñas

viernes, 07 de noviembre de 2008
Nesta hora afortunada dun Guitiriz que se recoñece no seu leito, o de disfrutar dos recursos cos que a Natureza o enxergou, o Concello, por unanimidade, solicitou esta distinción. Acertaron, porque o Festival, foi, nestes 30 anos, un reclamo para os foráneos. Adiantouse, nun momento de letargo, a dar a coñecer unha das paisaxes máis acolledoras, a de Pardiñas, que foi medrando coma eixe significativo de toda a comarca. O embigo, para a mocidade, un sector da poboación, que non adoitaba interesarse polos balnearios. O evento é a ocasión, para que centos deles pernocten aquí, varios días, mesmo percorrendo rotas e vilas lindantes. O Festival transformou este espazo nunha paisaxe humanizada, que creou unha urdime afectiva nos milleiros/as que participan nel... Só o nome provoca no seu arquivo emocional, unha fervenza de sentimentos e seducións, que os pon en camiño, cada ano, a este santuario da natureza e da amizade. Coma nas romaxes tradicionais, a cita converteuse nun compromiso. Guitiriz loce con caracteres máxicos no calendario persoal destes novos turistas. É o feitizo da paisaxe que rebule nas súas entranas, que xa forma parte de nós. Así, o captou o concello, nos seus folletos de publicidade turística: “auga.pedra.encontro”. O Festival é a cita inescusábel para atoparse unha vez máis e volver a escoitar a cantiga: “Deica o ano que vén en Pardiñas”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES