Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustiza na Xustiza

lunes, 27 de octubre de 2008
Queremos crer na xustiza, pilar básico da convivencia nun estado moderno, democrático, no que imperan as leis. E repetidamente poñen a proba a nosa fe.

Os que nos proban poden ser actores de calquera parte do espectro dos intervintes.

Dunha banda pode ser o goberno cando arma trifulcas ou a oposición cando participa nelas e non se poñen de acordo para renovar determinados órganos xudiciais que non se comprende ben por que teñen que ser cubertos con candidatos propostos polas diversas forzas políticas cando logo esas persoas propostas poden ter que resolver asuntos nos que teñan que ver os que o propuxeron.

Poden probarnos os membros da carreira xudicial que se declaran dunha ou doutra tendencia segundo pertenzan a unha ou outra asociación profesional das que se sabe que respiran de xeito determinado, algo que debera estar vetado moralmente polos mesmos participantes.

Próbannos uns e outros, mesmo os que se declaran en folga e os que non podendo declararse en folga fan constar o seu malestar en relación con sancións a membros de determinados colectivos, ou á situación xeral administrativa ou de funcionamento do mundo xudicial.

O perfecto no mundo da Xustiza é a carencia de noticias, que non sexan actualidade xuices ou xulgados porque simplemente están a cumprir coa súa función e xa se sabe que as sentencias acátanse e respéctanse aínda que non se estea dacordo con elas.

O mundo da Xustiza necesita tranquilidade, traballo, seriedade, Xustiza en definitiva. E que o deixen en paz facer o seu traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES