Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As penas a Dona Sofía

lunes, 20 de octubre de 2008
Un dos dereitos dos cidadáns, de hoxe e de sempre, é o de formular peticións ó Xefe do Estado, aínda que neste caso poidan ser interpostas xa que van a través da persoa que con el comparte a vida.

Nestes días, dúas xestións diante da Raíña foron do dominio público e delas se fixeron repetido eco todo tipo de medios informativos, aínda que ben distintas resultan no seu plantexamento.

Dunha banda, con motivo da visita que a raíña Dona Sofía fixo hai días a Ferrol para unha cerimonia de entrega de bandeiras, Maria de los Ángeles Chao, nai do cabo da Armada Jorge Gago, conseguiu entregarlle unha carta e un disco compacto con información ó problema do seu fillo. A angustiada nai rompeu o protocolo e a raíña, no seu profesional papel ben aprendido, fíxose cargo da entrega da ainformación sobre a situación deste militar en apuros.

Doutra, a visita que a Dona Sofía fixo a Duquesa de Alba para facela confidente –se facemos caso das informacións publicadas-, dos seus problemas persoais nos que conflúen quizáis a partes iguais o amor, a idade e a familia.

Certamente, a Raíña –no seu papel representativo- ten que escoitar a todo o mundo, cos matices que haxa que efectuar. Pero se intervén nalgún dos casos aquí relativos, preferimos que se interese polo tema do cabo galego, por tratarse de algo no que calquera influencia pode ser beneficiosa, mentras que o outro entra no mundo da inmaterial, da alma. E xa se sabe – “el alma sólo es de Dios” – o que que dixo o clásico.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Tempo de xuntarse: Coa que está caendo, os partidos políticos –gobernos e oposicións- non pode...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural