Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Loitando contra da crise

viernes, 10 de octubre de 2008
As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben perfectamente o que hai que facer diante dunha crise que está esixindo cambios de algo máis ca estratexia. Está esixindo tempos novos.

E os gobernos deciden accións multimillonarias coma nos Estados Unidos, pero o mercado segue sen atender a razóns. Os paises europeos deciden apoiar a economía da Eurozona, e a economía da Eurozona non se entera. A autoridade monetaria baixa o precio oficial do diñeiro en medio punto despois de paulatinas subidas, e en lugar de reaccionar á baixa sube o Euribor. Parece como se estivesen fallando todos os mecanismos –cadeas de transmisión- que facían funcionar o entramado económico.

O Fondo monetario internacionala prognostica que España entrará en recesión en 2009, e ninguén se da por aludido porque a recesión – co nome que queira dárselle- xa está aquí.

As bolsas, que son o termómetro do que pasa nas economías dos paises civilizados, xiran como tolas sen rumbo. Baixadas estremecedoras nunha soa xornada vense continuadas con tímidas subidas para volver a baixar. O barco navega pero os motores non funcionan e o timón non responde.

As voces responsables fanse oir un día si e outro tamén chamando á tranquilidae, prognosticando mellora ó final do próximo 2009, mentras todos nos preguntamos como poderemos facer a travesía do deserto que nos leve a este porto tan lonxano que aparece borrado nas nosas cartas de navegación.

Ninguén dubida de que as autoridades económicas están loitando contra da crise. As dúbidas refírense ós medios utilizados, á súa oportunidade, ás forzas aplicadas na loita, ó coñecemento exacto do problema.

Temos crise para moito tempo. E pasa con ela como coa gripe. Para este ano anúncianse tres cepas diferentes que farán moito más difícil vencela. A crise económica ten milleiros de cepas ateigadas de virus. E xa é tarde para vacinarnos. E ninguén parece saber que tratamento utilizar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información