Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perigan os aforros?

jueves, 02 de octubre de 2008
En tempos de crise, aínda hai xente que aforra. A fin de contas, os investimentos son posible polo aforro de milleiros de persoas que, canalizado a través das entidades de crédito, xenera riqueza a beneficio dos que invisten e do país.

Por eso o aforro é tan importante, porque é a materia prima do progreso e da riqueza.

Pero os aforradores teñen un corazón sensible que late en sintonía cos aforros e, se estes peligrasen, a volubilidade aforradora podería entrar en crise.

O Vicepresidente Solbes ven de afirmar que os aforros dos españoles non corren perigo. Parece unha perogrullada porque eso sabiamolo todos, e ninguén ten dúbida ó respecto. Ninguén coida que o sistema bancario poida entrar en crise, xa que hai moitas pendientes que baixar antes de que o sistema poida ter problemas.

Estamos vendo que entidades poderosas teñen problemas no exterior, adoitándose botarlle toda a culpa ás hipotecas lixo concedidas con total alegría a quen era dudoso que pudiesen facerlles frente.

Tampouco aquí se obrou con gran seriedade na financiación das vivendas, e o problema non fai máis que asomarse por encima do noso panorama económico.

Agora o Vicepresidente Solbes di que os aforros non teñen problemas, e en lugar de entender exactamente o que di fai pensar no contrario. Cada día que pasa aumentan as dúbidas e os temores.

Suponse que os aforradores por agora están tranquilos, aínda que poden estár diversificando os seus investimentos tanto de xeito temático como por entidades. Estan buscando a tranquilidade que o Goberno tenta transmitir.

Os aforros non perigan. Non poden perigar, porque sería demasiado grave. Pero esto non fai falla dicilo. Mencionar o tema, é sementar inquedanza. E desta, xa temos abonda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES