Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Lugo de cine

viernes, 26 de septiembre de 2008
Afixémonos a considerar que o cine é a culminación de todas as expectativas, o summun das felicidades, a calificación máis excelsa que podemos asignar a algo que posuimos ou anceiamos posuir.

Neste contexto, “Un Lugo de cine” sería unha cidade exemplo para todas as demais, un espello na que puideran mirarse e admirarse o resto das capitais de provincia de Galicia.

E se todos anceiamos vivir algún día nunha cidade que merece para os de fóra e para nós ese calificativo, merecemos saber que hai un Lugo reflectido no cine, que hai lucenses mergullados no mundo do cine, que Lugo ten un lugar na séptima arte que debemos coñecer.

Con motivo da celebración da XXX Semana Internacional de Cine de Autor, o Grupo Fonmiñá ven de publicar o traballo de Manuel Curiel, Director da Semana de Cine desde a súa fundación, para achegarnos a todos ese “Lugo de cine” que merecemos coñecer.

O que neste libro se reflicte, en moitos aspectos, xa é historia. Historia pequena dentro do contexto global, pero historia grande se entendemos que é traballo de lucenses para todos os que gostan da séptima arte, para todo o mundo.

En tanto construímos “un Lugo de cine”, o Lugo perfecto, que é tarefa de todos nós, disfrutemos coa lectura deste libro que abre as portas das infinitas relacións entre Lugo e a imaxe, entre as imaxes conseguidas por lucenses e os lucenses conseguidores de imaxes.

Este é un libro para facer xustiza a moita xente. Xustiza que, na maioría dos casos, comeza por non esquecer os nomes da xente que achegou Lugo e o Cine.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES