Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autopistas alleas

viernes, 26 de septiembre de 2008
Ningún grupo político ousaría oporse ás autopistas como no seu momento fixo aquel bloque doutrora cando calificaba de “navallada á nosa terra” o trazado da vía entre A Coruña e Vigo que na actualidade é imprescindible para a comunicación da franxa máis occidental do país galego.

Eso, aínda que sexan de pago.

Porque logo apareceu a figura da autovía, tan invasiva no paisaxe rural como a autopista pero sen que os usuarios tivesen que pagar por utilizala por ser de promoción pública costeada con cargo á correspondente partida nos presupostos xerais do Estado.

As autopistas, de capital privado e de rendemento moi doado de calcular polo tráfico existente, son moeda de cambio e obxecto de deseo dos grandes grupos inversores. Precisamente neste momento hai unha operación en marcha que fará cambiar de novo a titularidade das autopistas galegas e en lugar da española Sacyr Vallehermoso serán seus donos grupos economico de Francia ou de Holanda.

As Caixas galegas xa dixeron que non están interesadas na operación, e a vida segue aínda que se nos vaia a mans foráneas unha empresa e unhas instalacións que non revertirán ó pobo galego ata dentro de corenta anos.

O uso das autopistas é oneroso para os usuarios, e parece doer máis se a propiedade é lonxana. Agardemos que o Estado non teña corenta anos de paciencia e rescate as concesións moito antes do seu vencemento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES