Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinco pezas para cémbalo

lunes, 15 de septiembre de 2008
(Trad. de Uxío Novoneyra)

“O que se poda dicir en prosa,
dícese mellor en prosa”
(T.S.Elliot)

1
O HOME

Chove.
Incidentes silenciosos i escuros acontecen no val.
Ríos de brétema ateigan cauces de espacio balbucente.
Nos porracos beben páxaros bronce, pegas, algúa pomba, feitos mínimos, ollos. O ceo transcurre enviso sober dos envisos ollos da i-auga.

Un home amosa na miña fiestra.
Inordiña, móvese un pouco baixo a chuvia. Olla para todos e calquer camiño mais aínda está aí un pouco, estantío, alleo.
Nada máis familiar que esta presenza azar, sempre tan sumida, tan reacia; a pesar de todo, tan teimosamente descoñecida

É o Home.
Algo novo sucede sober do acontecer esvecido do val.
Il vaise.
Algo move.
As formas, mudas diante a fiestra, xogan co inxel silencio.
Algo medra e desmedra baixo dil.
Algúa ola invisibele lévao sobrenadando cara unha praia de tebras.

Estelaxe dalgún fabuloso naufraxio, doutras navegación máis esautas, máis intencionadas, eu mesmo sinto na innumerabre prostración do ceo e da terra ista puxanza sen senso que é só un fondo ollar.


2
OS DONOS DO SEU DESTINO

Mais istes outros, eles, Stozer, os músicos, eles sí son os donos do seu destino. Eu véxoos así: madeira lucidia, inacesibel; outos boscos violáceos.

Enfexos, dobregados, corvados baixo o mundo que sostein, eles extraen a neve, a canela i a esmeralda. Eles tecen a música eilí onde o son remata, onde xa nada se oi sinon o rumor dunha vibrante voluntá.

Esforzados heroes, eles outein da tarde o diamante i érguenno cheos de intención, acuidá, fervor, dreitamente.



3
CANCIÓN DE OUTUBRE


Álamo

trémela chama,

copa colmada
pola dozura última

chuvia detida,
locente,
intauta.

Virá a noite
en fatos de sombra,
pasarán envisalas nebras
furando con laz e fragor
delicadas molicies,
resoará no bosco
a ialba instaurada.

Soamente en ti,

páxaros cobre
erguen os ollos pron sol oculto
e, sen cesar,
son mirados.

Soamente o túa serán
hase extinguir xunta túa.



4
T I R E S I A S

Trala fiestra o serán empuxa ós fatos i ós leñadores.
As sombras dos homes érguense diante eles.
Máis aló, o vento caladiño atravesa a outa chaira gandarida.
En innumerabeles lugares, a noite atui xa a grave existencia da pedra e o mar.

Nalgún pazo, diante un espello, os perfumes arrecoxan un candelabro i abondan a chama.

Astros ocultos fan tremelucir de novo aquelas palabras estranas: Inda que cego, podo eu ver.
Semellante a un ámeto, o único posibele, onde temerosas criaturas confíanse escuramente a unha asistencia máis inmortal, elas fuxen en min a apariencia, o nome i a amenaza.

5
CORAL


A multitude xabreira do vento
trae hasta eiquí o rumor de escuros rios,
mareas,
praias deixadas.
Clamor que o lonxe non vence.

Cantai.
Acaso seiamos ribeira de todo esto,
un eido onde é posibel deterse i afondar.

Cantai o sitio
onde un terribele desamparo
tórnase máis de aturar,
máis doçe e de mérito.

Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES