Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medio millón de pobres

miércoles, 10 de septiembre de 2008
Medio millón de persoas, que supoñen algo máis do dezaoito por cento da poboación galega, son pobres.

É ben difícil, neste complexo mundo actual, determinar quen é pobre e quen supera esa condición, polo que hai que tomar como referencia algunha cifra como a que adoptou a Fundación La Caixa establecendo o límite entre pobreza e riqueza en 6.253 euros anuais por cada persoa da unidade familiar.

Con arreglo a esa cifra, que supón arredor do sesenta por cento dos ingresos medios da comunidade galega, son 511.000 os galegos pobres. E dentro desta categoría hainos de pobreza extrema con menos de tres mil euros ó ano, de pobreza media de entre 3.000 e 4.000, sempre redondeando as cifras, e simplemente pobres desde os 4.000 ós 6.253.

Pero as cifras non poden tomarse en conta de xeito absoluto, dunha banda porque ese algo máis de un millón de pesetas ó ano pode ser un capital para moita xente humilde, porque as pequenas economías familiares en Galicia complétanse con pequenos hortos familiares nas zonas rurais ou contornos das poboacións, e porque a realidade parécenos que aínda pode ser máis dura que o que neste estudio se facilita.

Se atendéramos de xeito estricto a estas cifras, se damos por boa a situación, está claro que as políticas de igualdade teñen que ser ampliadas e aplicadas con rigor para evitar a existencia deses galegos de non se sabe que división, que militan en guerras perdidas de antemán, rodeados dunha estructura de progreso á que nunca poderán acceder.

Cos pobres, xa se sabe, non hai que ter caridade. Hai que ter xustiza. E o medio millón de galegos pobres están a esixir esa xustiza á que teñen dereito. Son nosos, e deben constituir a nosa primeira preocupación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES