Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fracaso escolar

lunes, 08 de septiembre de 2008
¿Son os rapaces, os pais, os mestres ou o sistema os que fracasan?. Porque no proceso da educación da xente nova dun país hai moitos implicados, e cando o fracaso é alto, hai que pararse a pensar nas causas que o producen.

En Galicia, o fracaso na Secundaria cífrase no vintecinco por cento. Exactamente, no 25,1%. Un de cada catro alumnos, non camiña ben no mundo da formación, e se en 2005 a porcentaxe do fracaso estaba no 23,9%, en 2006 aumentou o 1,2%, sendo de todos os xeitos Galicia a sexta comunidade con menos fracaso dentro do Estado español no que o promedio ee fracaso está situado no 30,8%.

Ceuta, Melilla, Comunidade Valenciana, Baleares e Canarias ostentan os peores resultados. As mellores cifran preséntanas Asturias e o País Vasco, con arredor dun desásete por cento.

Que un de cada catro estudiantes fracase, ten que mover ós rectores do mundo da educación a replantearse moitas cousas para ver se o sistema ten algo que ver, e logo os profesores. E de xeito moi especial alumnos e padres implicados, porque cada caso require un plantexamento particular e pode responder tamén a causas moi diversas.

Se vale de algo, aínda que só sexa a efectos sociolóxicos, teñamos en conta que ese 25,1% non afecta por igual a rapaces que a rapazas. Rapazas, só fracasan o 17%. Rapaces, o 33%. Posiblemente sexa unha pista a ter en conta. Porque o problema é grave, e posiblemente del só toman conciencia os que se ven afectados polo fracaso escolar. Ou, se cadra, nin siquiera estes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES