Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O rendible é intermediar

viernes, 05 de septiembre de 2008
Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería que os precios fosen o máis asequibles posible para que ninguén se vise privado deles por motivos económicos.

Son precisamente estes productos orixinarios de grandes explotacións ou pequenos hortos familiares, planteadas aquelas como empresas e estes como elemento colaborador ó reforzo da economía familiar.

En tempos de autarquismo, a inmensa mayoría do noso campo era un conxunto de pequenas unidades de producción que, unha vez satisfeitas as necesidades máis básicas, destinaba os mellores froitos á venda para procurar uns ingresos imprescindibles para malvivir.

Na actualidade, radicalmente diferente o panorama das miserias do pasado, son lexión as empresas galegas que producen para a venda, compatibles cos milleiros de pequenos hortos ou mínimas explotacións para o consumo familiar.

O esforzo das empresas productoras merecería
un importante rendemento polo seu traballo, que obteñen os que conseguen comercializar directamente os seus productos, que son os menos, e que non obteñen os que dependen de intermediarios para que os seus productos cheguen ó público.

Dos precios que perciben os productores ós que pagan os consumidores pode haber un douscentos por cento de incremento no caso do leite, arredor do trescentos na pataca, o catrocentos na carne de vacuno, chegando a superar o mil por cento en productos menos esenciais.

É sabido que moitos destes productos –o leite é un exemplo- teñen que sufrir un longo e custoso proceso de transformación ou conservación para poder ser posto ó dispor do público. Tamén a carne precisa de sacrificio e manipulado para poder comercializala. Eso non pasa coa pataca, as froitas ou as verduras. E sen embargo o incremento é mnifestamente abusivo.

É máis rendible comerciar que producir, máis rápido, menos arriscado. E eso ten que desalentar ós que producen. E facelos unirse para defender uns dereitos que ó respectarse garanten a continuidade do proceso.

De sempre, nos pobos, os que se dedicaban ó comercio ou a transformación dos productos progresaban infinitamente máis que os que se dedicaban á súa producción. Algo haberá que facer para nivelar os rendimentos de todos os implicados no proceso para evitar que este mesmo proceso faga crise pola parte máis débil. Ou sexa: Os máis beneficiados deben corrixir a situación, para evitar que o sistema se derrumbe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES