Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Signos externos

lunes, 25 de agosto de 2008
A crise ataca, pero os diversos sectores nótana de moi diferente maneira xa que algúns productos son máis indispensables ca outros.

Todos somos xa conscientes de estar inmersos nunha espiral de degradación económica que se está manifestando de xeito directo pero tamén indirecto ou sicolóxico, teméndose para o próximo outono, cando o remate do verán esta xa ó caer, que a situación se amose do xeito máis duro.

O sector do turismo aguantou bastante ben este verán, quizais por inercia pero tamén porque os posiblemente afectados quixeron vivir con intensidade os últimos momentos do clima de prosperidade ós que nos abocaron e no que crimos vivir ata hai pouco tempo.

De dous sectores comezan a chegar mensaxes de crise nos últimos días, quizais como preludio de outros que non resultan ser do que coñecemos habitualmente por primeira necesidade.

Un dos sectores afectados é o da prostitución e da pornografía, que ve radicalmente reducidos os seus ingresos, cualitativa e cuantitativamente, ingresos que en Galicia se calculan en setecentos millóns de euros ó ano.

Outro é o da automoción, onde se rexistrou nos últimos meses un decenso nas matriculacións dun trinta por cento, o peor con moito dos últimos anos, teméndose por arredor de novecentos empregos nos concesionarios galegos de venda de automóbiles.

Dous sinais que se encenden no panorama económico xeral e galego, que fan que os nubarróns que este verán foron aparecendo polo noroeste galego poidan ter a súa concordancia no clima económico que imos vivir dentro de poucos días.

Os signos externos, ás veces, son ilusións pasaxeiras, por non responder ó fondo dos asuntos. Neste caso, moito nos tememos que respondan a ese temor que nos están inculcando en lugar de aportarnos a necesaria tranquilidade para traballar en paz. Os dous sectores indicados e os seus usuarios son ben diferentes, signos externos non homologables máis ca na propia consideración económica, pero inciden na mesma intranquilidade xeral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información