Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O asilo de Foz contra as cordas

lunes, 25 de agosto de 2008
¡Quén nolo ía a decir! O Asilo, que foi sempre, dende a súa creación ata hai pouco, a mais querida institución focega, a que permanentemente recibíu o afecto e a solidaridade da veciñanza; o centro benéfico-social exemplar que sobreviviu, eso sí, con moito suor e non poucas bágoas, ós mais miserentos anos da nosa historia recente, e que foi sempre para os focegos un motivo de orgullo pola grandiosidade das súas instalacións e o seu entorno, e o extraordinario labor asistencial alí levado a cabo, resulta que nestes tempos nos que se distraen millóns de euros do erario público en eventos insólitos, en cuchipandas, viaxes alucinantes, proxectos fantasma, obras inútiles, cando non destructivas, etc...; ahora, decimos, este centro, dispensador de atención á vellez, cando con toda razón se reclaman e se instalan en moitas localidades tal servizo, resulta que en Foz, entre uns e outros responsables poñen contra as cordas a que é unha institución histórica do noso pobo, debida en exclusiva ó matrimonio Martínez-Otero, os grandes benfeitores de tódolos focegos.

É difícil de entender que se chegue a tal situación, e nós non vamos a sentenciar sobre as causas. Carecemos dunha elemental información para facelo, posto que o Patronato do mesmo endexamais a ofreceo, e tampouco ten a obriga, nin ó parecer a vontade, e polo tanto sería unha ousadía pola nosa parte. Sí sabemos, se alguén non o desmente, que as propiedades que os filántropos destinaron ó sostemento daquel foron vendidas todas, excepto o edificio do mesmo e a súa grande horta. Descoñecemos para qué.

Pero sí podemos elucubrar sobre os comportamentos e as actitudes dos políticos locais na súa relación co Asilo e mesmo cos filántropos que o fundaron: o concello é unha institución pública rexida por uns señores/as ós que os cidadáns puxemos alí e ós que en consecuencia se pode, e se debe, pedir explicacións.

Neste sentido constatamos cómo coa democracia soplaron ventos desfavorables para o Asilo, e que durante ela se producíu un afastamento da institución municipal con aquela Casa. Basta só lembrar cómo durante anos a Corporación Municipal incluía nos seus presupostos anuais unha partida en concepto de subvención para o mesmo; unha cifra que oscilou entre o 0,60 e o 0,30% dos presupostos anuais; práctica que o concello suspendeo o ano 1983, e da que non volveron a ocuparse as sucesivas corporacións, nin gobernos nin oposicións, o que nestes 25 anos, de non rachar coa mesma e tendo en conta o considerable incremento dos orzamentos, significaría un moi importante alivio para a economía daquel benéfico centro. Descoñecemos si esa sería a solución, pero nós nestes intres non queremos falar de números, senon de intencións, de vontades e de actitudes, mesmo de querencias. E éstas, en verdade, resúltannos sospeitosas.

E non pode ser doutra maneira cando os portavoces dos distintos grupos políticos na corporación, de forma solidaria e polo tanto en íntima e sorprendente comuñón de ideais, acaban de rexeitar a dignificación da memoria de quenes foron os grandes filántropos de tódolos tempos pasados, presentes e acaso vindeiros: os Martínez-Otero, precisamente os que fixeron que Foz dispuxese, entre outras, dese Asilo, hoxe contra as cordas.
O menosprezo que a Corporación Municipal -a súa xunta de portavoces- acaba de facer á parella benfeitora é extensible á súa obra, na que se inclue preferentemente o Asilo, porque sempre o autor e a súa obra son inseparables, posto que é ésta a que define a aquél, e polo tanto a desconsideración dos edís fala ás claras de cál é a súa valoración, o recoñecemento e a querencia que lles inspira a decisión de deixar ó noso pobo a súa fortuna.

Supoñemos que a encrucillada na que nos atopamos é seria, delicada e complexa; por eso entendemos que están de mais os exabruptos demagóxicos e electoralistas e a busca de solucións esixe un análise ponderado das circunstancias polas que se atravesa, cordura, moderación dialéctica e a implicación honesta e solidaria das distintas administracións que teñan que ver co tema.

Non se trata dun asunto puntual, mais ou menos intranscendente, senon todo o contrario e polo tanto non pode depender de que hoxe goberne xan ou mañá pericán, nin consiste só en que non se peche a porta. Garantir a continuidade e a calidade na atención á vellez, baixo o control e a responsabilidade de órgano competente, dende a profesionalidade, teñen que ser premisas preferentes no plantexamente dunha solución definitiva.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES