Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patrimonio descoñecido

jueves, 14 de agosto de 2008
Debaixo do chan que pisamos, temos un patrimonio colectivo que, de cando en cando, asoma ó exterior para evidenciar que somos ricos en historia, en traxectoria, en vida. E como nun gran espectáculo, ábrense diante dos nosos ollos panoramas incribles, esceas doutrora, que nos mostran ós que foron antes ca nós, os que viviron nos mesmos lugares centos ou miles de anos atrás, e deixaron testemuñas do seu paso para enriquecernos máis.

O último destes achádegos ven de producirse en Lugo, onde se atopou unha cloaca romana en moi bo estado, mentras se realizaban obras na casa edificada sobre ela. Trátase dunha canalización de augas do baixo imperio que seguíu a utilizarse mesmo no século XVIII, como nova proba da pervivencia e utilidade das denominadas "obras de romanos".

Razón tiña Manuel Murguía cando estimaba que no sochán lucense estaba agochado o pasado romano e cada laxe que se movía proporcionaba un achado arqueolóxico.

Entronca este achádego coa apertura ó público en Vigo da vila romana de Toralla, que amosa ós visitantes unha excelente mostra de restos monumentais do século IV.

Descoñecido resultaba este patrimonio mentras estivo soterrado, e descoñecido está aínda para o gran público, que pode e debe coñecer - ó ser posible "in situ" - a historia que estes restos reflicten.

Excelentes noticias relativas ó noso patrimonio histórico, que a todos pertence e a todos nos beneficia. Valoremos o que posuímos, e o primeiro xeito de valoralo é coñecelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES