Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Editorial Galaxia

martes, 29 de julio de 2008
Ten cincuenta e oito anos, e está xeralmente recoñecida como a editorial máis galega do país, á vez que todos somos conscientes de que Galaxia é moito máis ca unha editorial.

Non hai máis que ver cando naceu. Restando cincuenta e oito anos do ano no que vivimos, quedan mil novecentos cincuenta. Esa foi a data oficial, pero tema e teima viñan de atrás, tentando rescatar o espírito do galeguismo que quedara afogado en Galicia no remate dos anos trinta.

Polo que sabemos, polo que vivimos e polo que nos contaron, non era tempo aquel para fundar nada que ulise a galeguismo e a cultura. E sen embargo foi a fórmula perfecta que utilizaron os Piñeiro e os Fernández del Riego, Gómez Román, Illa Couto, Martínez Risco, Fernández López, e Ferro Couselo, entre outros.

Se se pretendese outra iniciativa, non sería posible. Como se enfocou polo aspecto cultural, foi viable a creación dunha empresa dedicada a publicar temas galegos, baixo a dirección de Ramón Piñeiro.

Pasaron case sesenta anos. E Galaxia fixo historia facendo literatura e patria, e foi reducto resistente e avanzada social, e resistindo gañou, e hoxe é unha entidade de prestixio recoñecida por todos, cunha traxectoria impecable.

Benxamín Casal ven de recoller de mans do Presidente Touriño a medalla de ouro de Galicia concedida á esta Editorial que se non tivese existido habería que creala pero nunca sería a mesma porque o espíritu que hoxe anima ás xentes é moi diferente do necesario espírito daquel tempo escuro e bretemoso.

Feliz singladura lle desexamos a Galaxia nestes tempos nos que os maiores problemas son os económicos. Se soubo sortear os temporais e as galernas da longa noite de pedra, seguro que ten por diante centos de primaveras floridas das que todos nos imos beneficiar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES