Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ubi Campi?

martes, 30 de noviembre de 1999
-Disculpando:
Galego pródigo eu e coas Rías Baixas a rebousar, este verán sempre tiven polas súas estradas nove ou dez coches detrás, pegados a min, moi serios eles e con presas - talmente coma se fora un enterro-. Se, a causa de certos principios, dáballes paso, cabreábanse todo facendo nerviosos visaxes de adelantamento nos que máis de un debe de ter deixado a pel - antes co cabreo-. Imposible parar.
O curioso é que, en realidade, tampouco se pode ir así a ningún sitio. E iso por varias razós: primeiro porque en Galicia non hai sitios, hai parroquias; segundo porque, en vista delo, as señalizacións son escépticas: ou non están ou miran pra outro lado. Como moito, sinalan á vez eclepticamente tres ou catro opciós, para aforrar. Cando quisen aclarar un distes casos, o funcionario dunha oficina de turismo contigua tivo que telefonear - ora que aquela mesma noite púsenlle o letreiro ollando para el, a ver se se entera-. Outra das razós pola que os coches non podían ir a ningunha parte era porque, nista época, en Galicia non hai galegos a quen preguntar: ou durmen ou eiquí todo dios é de Parla -é decir, andaluz-. Así nos vai.

Mais, se para pasar dez días tranquilo vas un mes antes a entrenar, a Galicia profunda inda ten outros anticorpos: a néboa matinal e o fume. O fume e a néboa fan que todo sexa igoal, o que, moi coherentemente, amáis de suprimir o seu ouxeto, fai o viaxe imposible..
Nestes casos o recurso da brúxula non vale. A parte de que este é o inferno dos cartógrafos, a ferramenta do coche volvea tola ata o punto de que, querendo ir a Bóveda, moi ben podes aparecer en Cacabelos, poño por caso -i esto sen contar a posibilidade de que, distraido coila, se che crucen na estrada as aparentes pantasmas dunha vaca terca e dunha señora en deshabillé convencéndoa a paus-. Nestas condicións o millor para recuperala noción cardinal sería ouservar os líquenes na cara norde das árbores pero esto só serviría para as estradas norde-sur libres de incendios, o que faría imposible a maior parte da circulación galega, que sempre vai torcendo e queimándose. Aquí, nin o indio Xerónimo. Non sei se desenrolando de novo aquel frustrado proxecto renancentista do punto fixo.

(Baixo da comprensiva ollada dos automovilistas, un gabacho exasperado berraba na gasoliñeira ¡¡Ce n'est pas possible!!, ¡¡Ce n'est pas possible!! O gasoliñeiro, esquecéndose de nós, invitouno conciliadoramente a un café).

E dos cruces e adelantamentos ¿que me decides dos cruces e adelantamentos?
O conductor oposto -o inimigo-, por unha estradiña na que dous non caben e ben persuadido sempre de levar ó mesmo tempo a dereita, a razón e a contraria, avanza reconcentrado, sin vacilacións, tercamente, a por ti. Nestes casos non convén preguntarse moito o que pasaría si non te botas deseguida fóra, xunto ás silveiras. Porque aquí, onde nin os cregos creen en Dios ¿coma vamos creer os demáis na impenetrabilidad dos corpos opacos? -é este un pais peligrosamente escéptico-.

En canto ós adelantamentos, con frecoencia sucede que o outro adelántachese despenduladamente cos exclusivos ouxetos, primeiro, de pitar e facer o Fangio e, logo, unha vez dediante e meneando a cabeza, de non darche paso -para que aprendas-. Coido que, inda que Madri é a obra cume da colonización galega, a miña matrícula metropolitana ten boa parte da culpa niste tipo de conflitos –non sempre desfavorabeles-. Por exemplo, unha vez, en Lemos, cando volvendo xa pra capital necesitei darlle un empuxonciño de arranque ó coche, tiven que ocultar a miña 'natureza' lemesa pra que catro compatriotas axudáranme con entusiasmo e, incruso, coreáranme logo triunfalmente cando xa veron que de certo me iba para Madrí. Velaí a ventaxa booemerang de promover unha discreta xenofobia. As veces a adversidade engana ó destino.

Pero se, no caso das Rías Baixas, nos atopásemos no improbable caso de ter sido depositados pola balumba nalgún vertedeiro de moda, a situazón non melloraría respecto á estrada. Todo estaría ocupado e a maior parte da xente, liberada xa da servidume do automóvil e venturosamente ociosa, adicaríase a che amolar coa moi municipal pedagoxía do aparcamento imposible. O importante para controlar o teu vocabulario galego nestes casos é que, mentras abandoas o lugar, comprendas que a xente fai todo esto por teu ben e que o seu aviso número corenta é o resultado da colaboración de corenta persoas e non dunha persoa corenta veces.

Mais non todo é así de aburrido. As veces pódese ver moi ben coma, dun coche que ven inda lonxe i en senso contrario, con toda profesionalidade e parsimonia báixase un tipo con lanzallamas e, mesmo dende a calzada, vomita fogo sober dunha xesteira que deseguida alporizase. Logo, sin moita presa pero tampouco calma, mentras lle pasamos por diante, o tipo súbese de novo ó seu coche coma se tal cousa e, riindo, coméntalle non sei que ó condutor. Pero non hai mal que por ben non veña: ó día seguinte, o suceso da de comer a familias enteiras de meritorios e comentaristas que, analizando intelixentemente o misterio, producen logo audaces protestas de erradicación ¡¡¡xa!!! Por outra parte, dende unha 'óptica' máis científica, a xente debería comprender dunha vez que, gracias ós incendios, nos podemos entender por fin o asunto ise das nubes de “desenrolo vertical”; nubes estas que, coroando con branquísimas natas os flecos mouros dos incendios, quizáis suxeran por fin ós científicos algunha iniciativa de precipitación artificial -inda o máis burro entenderíao-.

Por si éramos poucos, o mal de pedra ese que aflixe a tódolos políticos en edad de merecer produce cada pouco vertixinosas autopistas; estas si grandemente señalizadas pero que, en total desacordo coa brúxula e formándose un lío cos vellos trazados, vos mandan en dirección Madrid co sol de espaldas, ou poñen a vosa disposición vías de servicio que están noutra parte, ou vólvense tolas, ou sinalízan serodia e minúsculamene a inminente proximidade de empalmes e cidades. Empeza porque, inda que deseñadas nada menos que por inxenieiros de camiños, estas sinales chaman dirección ó que, asegún a máis actualizada xeometría euclidián, chámase senso - cada dirección ten así dous sensos opostos, ó que, dada a nosa 'indiosincrasia', en Galicia suporía polo menos ter outros tres ou catro máis suplementarios. Todo elo delata a persistencia daquela coñecida vocación oscurantista das vellas 'Obras Públicas' que –como se sabe- fai anos culminou no insuperable 'Puente-áreas' (verdadeira carambola castelanizante auqela con tres erros dunha soa tacada, ¿quen da máis?). En xeral, todo semella indicar que as tales sinalizaciós teñen por ouxeto convencer sobre todo ós indíxenas de que somos parvos -cousa pouco creible se se ten en conta que lles sobrevivimos-.
Por ser cousa contranatura e por ter analoxía con certas cuestións das artes plásticas, todo esto ben merece o calificativo de sinalizazón abstracta: un sistema que, inda que desdeñosamente alleo ó problema da nosa posición no mundo, non deixa de ser orixinal.

Total, que en Galicia nada está ubicado, nin señalizado, nin sabido, nin libre, nin parado; que -fóra coñas- nestas inestables condicións, pode que Galicia nos estea sendo arroubada novamente –coma xa outras veces ocurriu ó inflar o noso paisaxe de Castelas, Kastannas, Anatolias, Chipres e Mesopotamias inadvertidas e agora -máis 'advertidamente' e có gallo da ambigua peste esa da celulosa- de Australias, Tasmanias ou, inda máis sarcásticamente, do Monterreys californiáns. Pode que moitos dos nosos montes, campos, rías e incruso homes estean xa sendo conducidos en cadea polo benemérito 'progreso' cara Leganés, Vallecas e tantas outras cementadas aglomeraciós semiáridas. Porque todos estes sitios non están onde mentireiramente se nos di sinón máis ben no amontonamento e a velocidade de certos estilos rodados de vida -no desabrimento e marchitez das almas desencantadas que o padecen-. E porque, por moitas Rías Baixas que se nos vendan, nunca estará Galicia onde a nosa ollada non se poda apousar nin o noso paso deter. Desengañádevos, Galicia non é outra cousa que isto: un sitio que culturalmente entendemos, o sitio onde os galegos, despois doutras moitas Galicias atravesadas, inda podemos deternos i enrraizar .
Coma Camilo Gonsar dice do seu sentimental Eladio no conto da Coutada, nós inda non sospeitamos 'que se pode perder algo máis que o senso da terra'; 'pódese perder a terra mesma'.

Cos debidos respetos.
9-10-2002

*O, ubi campi?: '¡Oh, onde estän os campos?' Virxilio, Xeórxicas II, 458 ('e non podo profundar máis porque non sei latín', Castelao, Cousas, O Barbeiro de Sábado)
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información