Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Das novas cousas de Ramon Lamote

martes, 22 de julio de 2008
Das novas cousas de Ramon Lamote Paco Martín pode ter escrito fermosos libros para nenos ou maiores, pero pasará -xa está- á historia da literatura galega por ser autor de “Das cousas de Ramón Lamote”, o xenial profesor de chairego que debuxaba soños por encarga, que nos engaiolou hai moitos anos, e coidabamos ter perfectamente arquivado no corazón da memoria ou na memoria do corazón, no lugar máis entrañable.

Coa disculpa dos meus dous netos, merquei dous exemplares das “novas cousas de Ramón Lamote”, que Paco asinou disciplinadamente para os meus descendentes. E do mesmo xeito que os xoguetes dos rapaces posibilitan escapadas xogueteiras dos maiores, unha destas tardes soleadas lein dun tirón este novo libro.

O Señor Lamote segue a ser un tipo encantador, non digo que irreverente pero si iconoclasta, que desconfía do sistema e dos sistemáticos, e protagoniza historias que nos sentan moi ben porque caen de caixón, porque quixeramos convertirnos en alguen así algún día, porque se ve que é un persoeiro vivo, que pode pasar dúas decadas sen dicir nada, e de súpeto obriga a Paco Martín a falar del porque é imposible sometelo ó silenzo.

Hai moito tempo, Paco chamoume un día para comer con el, con Manuel María, e con Ramón Lamote. O Señor Lamote, que antes sorprendera a Paco Martín coa súa existencia e presencia en Lugo, resultou ser un catalán encantador ó que os seus fillos agasallaron un día cun libro –no seu idioma- que falaba dun profesor con apelido e nome que a el pertencían. Supoño que gracias á xentileza do autor, eu son un dos ben poucos galegos que compartín mesa e mantel con Ramón Lamote. Se temos en conta que para nós foi primeiro o noso Ramón, teño que dicir que o encantador catalán merecía o nome.

Pois nada, que teño que devolverlle o exemplar á miña neta Laura, propietaria como Paco acredita na súa dedicatoria, prometéndolle que se teño folgos, aló dentro dunha ducia de anos -Paco non aguanta máis sen dar a luz a terceira entrega- lle mercarei as novísimas cousas de Ramón Lamote, que daquela aínda -palabras de Darío, no seu día, para Trapero- “andará gallardo” polas rúas dunha cidade que sabemos que é Lugo, ollando e vendo moitísimo máis do que calquera de nós, pobriños mortais, podemos apreciar.

Saúde Paco Lamote-Ramón Martín, Profesor Iglesias que lle chamaba o Manuel, e gracias por darnos esta nova entrega deste Don Quixote que non matina en liberar doncelas, pero si abrir mentes, abrir portas, darlle autoridade á palabra, darlle vida ás persoas, proclamar que a intelixencia e a cultura é a maior riqueza que a vida pode proporcionar a unha persoa.

O que non lea “Das novas cousas de Ramón Lamote”, non sabe o que perde. Pero seguro que merece perdelo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES