Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra a parede

lunes, 21 de julio de 2008
Alguén, moi sabedor destas cousas, dixo que “nunha soa foto cristaliza unha época, coa forza simultánea do testemuño e do símbolo”. Unha feliz iniciativa do concello, co brazo executor de Xesús do Breogán, puxo contra a parede no entorno da focega praza Conde de Fontao retazos fotográficos da historia do noso pobo. Son fotos para a nostalxia, dende unha perspectiva emotiva e vivencial, pero tamén o é, como ocorre sempre nestes casos, leccións de historia que nos levan, ou nos deberían levar, á reflexión, á concienciación desde a valoración dos feitos, dos traballos e dos días, do entorno social, cultural e económico nos que se producen.

Dende o análise de moitas das escenas que no preto de cen fotografías se amosan, se observa moito da transformación experimentada pola nosa vila, como non podía ser doutro xeito, no orde urbanístico, paisaxístico, das costumes, da convivencia e da solidaridade; poderían ser nese senso leccións ó aire libre das que se podían deducir en boa medida as melloras acadadas, significativas, e tamén as perdas, que non foron poucas e que acaso moitas delas puideron evitarse. A imaxe é historia.

Dise, e non sen razón, que a Historia é a gran mestra da vida: pero para que tal premisa se cumpla hai que coñecela, asumila, analizala obxetivamente, debatir sobre ela para poder separar o grán da palla e aplicar no diario discurrir da vida, dos seus afáns, das súas metas e da convivencia cotiá, aqueles elementos que van a favorecer o logro dos obxetivos ós que colectivamente debe aspirar a sociedade. Se non se fan os medios por acadar tales ensinanzas a mostra, sempre plausible, cumplirá co cincuenta por cen das súas posiblidades ó reducir o seu interese á función nostálxica da mesma, no sentido de recuperar e conservar a memoria do pobo, sempre agradable e positiva.
Hai algún tempo, e con ocasión dunha iniciativa semellante levada a cabo lonxe daquí, chegou ás nosas mans unha poesía cuios últimos versos, que neste caso suscribimos, din así:
“Felicito de verdad
valiéndome de estas líneas
a todo el que ha intervenido
para poner al día
esta muestra tan grata
que nos alegra la vista
y nos transporta a otros tiempos
de juventud y sonrisas”.

Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES