Herdanzas e impostos
jueves, 17 de julio de 2008
Seguimos a xogar cos impostos e as valoracións, porque mentras noutras autonomías as transmisións patrimoniais non teñen gravame, aquí só están liberadas as que non pasen de 125.000€.
Aínda así, o noventa por centos dos galegos non deixan ós seus herdeiros bens por máis desta cifra, polo que parecemos pobres de solemnidade cando non é así.
A maior parte dos pisos sobe moi doadamente de 125.000€ (case vinteún millóns das antigas pesetas) en calquera cidade ou pobo. E hai centos de miles de propietarios de pisos.
Ocorre que as valoracións de Facenda non coinciden coas reais, e un piso de 150.000€ (cifra moi corrente) pode estar valorado oficialmente en trinta ou corenta mil, co que no caso de ser expropiado ou afectado por algunha decisión da Administración xa sabe o propietario ó que se expón.
Sen chegar a eses extremos, imponse achegar a Galicia oficial á Galicia real, subir as valoracións e baixar os tipos impositivos, rematar coa ficción farisáica que a ninguén beneficia, e menos ós pequenos propietarios.
Quen merca unha propiedade ten o dereito a que se lle valore no que corresponda, situando as estimación na realidade do mercado, pero axustando os impostos á racionalidade.
Hoxe, calquera propiedade, en valor real, supera con moito a vergoñenta valoración que se lle fai, e a inmensa maioría das herdanzas teñen valores moi riba do importe exento.
Imponse a seriedade neste e noutros temas. E se queremos eliminar fraude, diñeiro negro, economía submerxida, hai que empezar por utilizar valores do mercado. E proceder en consecuencia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora