Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

VI Caneiros Gaiteiros

miércoles, 16 de julio de 2008
Cara o 1880, despois de dous días da festa de San Roque pequeno, os betanceiros foron empanando as sobras das fartas do xantar festivo e, foron xantar de relax ao Campo dos Caneiros río arriba.

Esto converteuse en hábito para tódolos veciños de Betanzos criando así unha xira que chegou a converterse en extraordinaria romaría de grande sona onde, xa non só betanceiros coas súas lanchas engalanadas de grilandas e flores, senón tamén para o resto do mundo que puido remontar o río en grandes barcas.

A festa tivo tan grande sona e os garelos (betanceiros) sen deixar esta, preferiron a segunda xira que se fixo do mesmo xeito para o día 25 na romaría de San Paio.

Algúns dende a mañá xa soben andando, outros aí pola mediodía soben nas súas barcas pequenas cargadiños de comida para xantar nas ribeiras arredor do campo dos caneiros e outros en grupos máis numerosos en grades barcazas levan gaiteiros e van xantando río arriba. A corporación municipal tamén leva aos seus gaiteiros e moitos outros van cantando:

Se o río dos Caneiros levara coñac
máis de catros borrachos tirábanse alá.

Dende hai seis anos, a asociación “O Xanocas” preocupados pola situación do río Mandeo e o seu entorno propuxo unha xira cos amigos gaiteiros de todo o país para apoiar o seu labor de denuncia e ao tempo termos unha festa amable entre amigos.

Este ano tense programado para domingo 20 de xullo.

Xuntámonos habitualmente nos peiraos da ribeira da Ponte Vella (Malecón e Antolín Faraldo) contra as 13h para ir tomando un viño e saludándonos uns e conocéndonos outros.

Despois embarcaremos no peirao das monxas contra as 14:30h para, tranquilamente, ir remontando o río botando contos, cantando, rindo, tocando e xantando. Logo, atracados no peirao do Campo, farase foliada tomaremos café e farase a queimada, e sempre cantando, bailando e tocando as gaitas.

Para anotarse cómpre facelo antes de xoves 17 para facer os cálculos do custo, que andará nos 15€ (comida e barco... a música é de balde)
Galego, Raúl
Galego, Raúl


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES