Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Jove

lunes, 14 de julio de 2008
Manuel Jove foi un dos máis destacados empresarios galegos das décadas dos noventa do pasado século e dos primeiros deste, patroneando Fadesa, empresa punteira no sector da construcción e promoción e outras diversas iniciativas industriais.

Non era esta a súa primeira acción industrial, e como ocorre moitas veces cos soñadores, emprendores ou as dúas cousas, subiu e caiu, partindo de cero ou con signo negativo en varias ocasións ata conseguir subir ó cumio empresarial de Galicia, e desde alí reinar durante moito tempo.

E de repente, como si tivese un espello máxico para ver o futuro, vende o seu emporio empresarial nunha aparente retirada a un empresario madrileño que tiña demostrado querencia por aparecer nos medios informativos e apreciaba tanto o entramado industrial como a aura social que vai envolvendo estas actividades e a quen as promove.

Desde que Jove deixa Fadesa todo son problemas para esa empresa, evidénciase a dependencia de Madrid, fragméntanse sectores da mesma, e xorde a crise que nos afecta a todos e de xeito especial a todo o que abrangue o sector da construcción.

Desde que Jove e Fadesa non son a mesma cousa, Jove demostra que non se retirou –que nunca se retirará- e dedícase ós investimentos multimillonarios nos sectores máis diversos curándose en saúde diante de calquera crise que, visto está, nunca máis vai volver afectarlle.

A última iniciativa, crear un grupo enerxético galego que actúe nos campos da enerxía eólica, solar, biocombustibles, petróleo, e enerxía hidroeléctrica. Son mil douscentos millóns de euros para comezar a andar por este camiño unha entidade que se chama Avantegenera, e que tamén se vai a dedicar –quen o diría!- a pisos de protección oficial, complexo residencial e comercial en Casablanca, gastronomía, hostelería, e un etcétera moi amplo que garante que temos – afortunadamente- Jove para rato.

Algúns galegos nacen cun olfato especial para os negocios. Manuel Jove ten ese especial sentido. ¡Que lle dure, que tamén é bo para o país!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información