Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Distincións municipais

viernes, 04 de julio de 2008
Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñer aquí o nome dunha cidade española que matina en darlle a medalla de ouro da cidade á Selección española de fútbol.

Unha corporación municipal ou provincial é algo moi serio para deixala en mans de afeccionados, especialmente se son devotos dun determinado deporte. E unha febre de verán coma esta non debera cristalizar nunha situación permanente que se agora di moito á súa cidadanía nada dirá dentro duns anos.

Se non, vexamos a situación dos concellos que concederon a súa Medalla de ouro ó anterior Xefe do Estado, nomeárono fillo predilecto e puñeron ás rúas máis céntricas nomes que logo resultaron ser comprometedores e houbo que cambiar de xeito vergonzante.

O derrubamento dun monolito que coroaba unha illa galega colea aínda nos medios, as estatuas parecen ter vida e volven de cando en cando como serpe de calquera tempo, e os nomes do antigo réxime parecen queimar nos papeis e nas paredes.

En Lugo veñen de descubrir que non hai unha rúa na cidade para o Exército español, que recibiu unha homenaxe municipal nos anos oitenta. Porque a praza a esta institución dedicada recobrou hai uns anos o nome tradicional de “Fonte dos ranchos”.

Posiblemente fixese falla unha normativa xeral de obrigado cumprimento para as institucións locais en canto a persoas, institucións, acontecementos ou situacións que poden ser distinguidas e con que honras. Pero eso suporía conceder máis sentidiño nas institucións nacionais que nas provinciais e locais, o cal é moi arriscado supoñer.

A selección nacional é un incidente mínimo nun océano informativo. O máis que merece dun concello é un telegrama de felicitación. E a cervexa que pide unha rúa para a nai de Casillas (o que se expresou de forma ben pouco edificante na recepción popular), que cambien por unha Estrella, que polo menos ten uns anuncios intelixentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES