Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Legalizada a inxustiza

miércoles, 02 de julio de 2008
A inxustiza do canon xa é perfectamente legal. A comezos deste mes de xullo entrou en vigor a disposición do Ministerio de la Presidencia en aplicación da Ley de Propiedad Intelectual, polo que determinados produtos se gravan cunhas taxas oprobiosas que testemuñan impotencia diante dun problema que ten que ter outras solucións.

Impotencia dos consumidores por non poder rexeitar o "canon dixital" aplicado de xeito indiscriminado a CD, DVD, móbiles, impresoras, lápis de memoria, MP3 e MP4.

Impotencia do goberno para atopar fórmulas máis imaxinativas e xustas, descargando esta impotencia no total dos cidadáns como se pretendesen lavar a mala conciencia arremetendo contra quen non pode defenderse.

Todos asumimos que os autores de creacións intelectuais teñen que recibir compensacións por ese traballo, mesmo en razón directa á difusión que ese traballo teña, pero está dito por pasiva e por activa - sen que valla de nada - que é unha aberración, por moi legal que resulte xa, aplicar indiscriminadamente un canon a todo artiluxio que poida ser soporte dunha obra intelectual sen ningunha certeza de que vaia selo.

Dar por suposto que a obra vai ser copiada, somente porque tecnoloxicamente sexa posible, debería ser calificado dun tremendo erro se non fose unha ridiculez cutre, un abuso, unha proba de incoherencia, unha demostración de como un abuso inxusto pode convertirse en legalidade.

Legalizada a inxustiza, en vigor esa especial legalidade, queda establecido un sistema que perdurará ata que se fixen outras compensacións, ata que se atope outro xeito máis racional.

Recoñécese de partida o erro, pero é máis cómodo persistir na inxustiza que buscar unha normalidade que se sabe difícil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información