Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ó calor do verán

lunes, 30 de junio de 2008
Unha pausa establecida polo verán. Neso estamos.

A crise atácanos en todas direccións. De todos os puntos da rosa dos ventos recibimos presións ou avisos. Estase armando unha tormenta económica que non por non mencionala vai ser menor.

O goberno comeza a recoñecer a existencia dun problema importante. A recente folga do transporte non foi máis ca un aviso. Cando chegue a próxima estación sentiremos calor; teremos un outono quente.

Pero, en tanto, temos o verán. Os vehículos seguen a sair ás estrada no mesmo número de sempre, os restaurantes rexistran afluencia de clientes o mesmo que en tempos de bonanza, as vacacións son momento perfecto para pechar os ollos e soñar que non pasa nada malo. Quedan dous meses polo medio para disfrutar das condicións ata agora vixentes, e logo xa veremos.

Aparecen, sí, algúns detalles, como o de que os alugueres turísticos se reducen de xeito radical, e de que os bancos comezan a pechar grifos que non hai moito tempo soltaban cretos a toda presión.

Disfrutemos do calor do verán. Este, queima físicamente, e compre tomar precaucións. Atentos ó calor do outono; As precaucións contra os seus efectos ou non as hai, ou non están á alcance de casi ninguén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES