Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Economía conxelada

viernes, 27 de junio de 2008
Agudízase a crise que oficialmente non existe. Seguimos a notar os efectos dunha desaceleración económica que xa non sabemos como denominar para non ser políticamente incorrectos. Caminamos como país á aventura incerta de navegar sen saber exactamente o importe da pasaxe e o tempo que nos vai levar a viaxe.

O Goberno non quixo saber que ía haber crise, pero por se acaso empeza a tomar medidas tímidas para tentar parar o que moitos temen que sexa imparable. E seguindo os seus pasos, o goberno autonómico tamén toma medidas que a patronal coida insuficientes, que calquera pouco avisado en temas económicos podería denominar “chocolate do loro”.

Polo pronto, o Conselleiro de Economía xa anunciou que se van conxelar plantillas da administración autonómica, así como tamén os salarios dos altos cargos, o que quere dicir que salarios que xa superan os tres mil euros mensuais van ver desacelerados os seus incrementos.

Os empresarios organizados na Cel consideran que as medidas que tomará a Xunta non van poder proporcionar solucións á situación de incertidumbre que vivimos, que precisa decisións máis radicais e que incidan de xeito firme no rumbo da economía.

Pero a economía desacelerada está afectada cando menos dunha conxelación, e as medidas tomadas ata agora nacen conxeladas tamén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES