Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lourenzo e Isaac

jueves, 26 de junio de 2008
Días pasados tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago a entrega dos Premios Nacionais da Cultura Galega a dez persoeiros da nosa terra, entre os que se atopaban dous mariñáns, un biolóxico e outro adoptivo. Estamos a referirnos ó dramaturgo Manuel Lourenzo e o intelectual Isaac Díaz Pardo, quen se levou a gran ovación da noite.

O primeiro, valadourense, escritor, actor, director e promotor de grupos de teatro, profesor, é home de amplísimo currículum e a súa carreira está ciscada de premios e galardóns. Investigador e historiador, a súa popularidade chegou co programa “Mareas vivas”, no que encarnaba o personaxe de Melgacho, feito que na súa brillante biografía non pasa de ser algo anecdótico.

En canto a Isaac Díaz Pardo, se non fose porque se trata dun excepcional pintor, escritor, historiador, conferenciante e artista polifacético, mecenas e home de empresa, bastaría só nomear Sargadelos para rendirse ante a personalidade arrolladora deste home miúdo, retranqueiro, que leva por bandeira a súa humildade franciscana... Xa nalgunha ocasión temos escrito: “ sabido é que se trata dun dos personaxes mais destacados de Galicia do último século co que o noso país estará sempre en débeda, porque a súa biografía é unha permanente loita, dende a cultura e dende a empresa, pola dignidade espiritual e material do noso pobo, e polo tanto, un referente cultural, ético e político de Galicia”.”Él trouxo á nosa bisbarra cultura, arte, prestixo e postos de traballo directos e indirectos e o nome dos nosos pobos acadaron renome universal”. A recuperación de Sargadelos, buque insignia do Grupo, fixo que A Mariña fose a gran beneficiada neste labor desbordante de Díaz Pardo.

Sería ésta unha boa data para que a comarca no seu conxunto tivera para él o merecido recoñecemento: hai exactamente corenta anos (1968) que o ambicioso proxecto sargadeliano se facía realidade con unha primeira actuación experimental. Sería ademais, por razóns de todos coñecidas, momento moi oportuno. A asociación O Mundo de Galea, da Mariña Central, xa o ten feito: ámbolos dous persoeiros foron investidos Cabaleiros do Mariscal Pardo de Cela.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES