Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Villapol Escultor

viernes, 20 de junio de 2008
Fernando Villapol, artista polifacético nado na beira asturiana do Eo, é un escultor de sona, autodidacta, culto, imaxinativo e hiperactivo; coa dose precisa de bohemia que fai del un personaxe engaiolante. Afincado en Bretoña, aínda que sempre á pescuda de novas sensacións por terras alleas, é o fundador e propietario do Museo Pedagóxico Etnográfico ubicado naquela histórica parroquia; unha instalación digna de ser visitada. Os seus veciños de A Pastoriza acaban de ofrecerlle unha homenaxe que foi toda unha manifestación popular de admiración e agarimo.

Agora mesmo Villapol mantén aberta unha exposición na Oficina de Turismo de Ribadeo: unha ducia de pezas realizadas en granito, cuxo fío conductor expresa a sensibilidade para captar a relación entre disciplinas que poden parecer contradictorias, pero que se complementan, a poesía e a ciencia, na obra de tres mulleres: as poetas Luz Pozo Garza e Marica Campo e a científica Sonia Villapol, filla súa.

No catálogo da mesma nós, entre outras cousas, decimos: "…os primeiros grandes filósofos de Grecia, os chamados “presocráticos”, eran científicos e poetas ó mesmo tempo; algúns deles formulaban teorías opostas sobre o mundo real pero estaban de acordo en expresar a súas teorías en forma de poemas. Os científicos aceptan o vínculo misterioso entre ciencia e poesía, entre a creatividade artística e a científica. Uns e outros coinciden en que a imaxinación é a mesma, calquera que sexa o obxeto, e fálase da harmonía, da beleza, da simplicidade e da exactitude que deciden se o achádego no campo da ciencia ronda a xenialidade. Os catro primeiros versos do soneto de Carlos Bauzano, “A la ciencia”, moi ben poderían referirse á poesía: "Por ti siglos oscuros se han borrado, / por ti la noche es menos noche oscura, / por ti el alba aparece clara y pura / y el doliente se siente confortado”.

A sensibilidad do artista do cincel o induce a exaltar a presenza feminina no eterno estro poético e no mais novidoso eido científico do noso contorno. Con mans de artista que producen “unha linguaxe poética moi persoal”, en observación de Neira Vilas, Villapol da vida á pedra inerte expresando a simbiose entre arte, poesía e ciencia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES