Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chamada da morte no folclore irlandés e galego

miércoles, 18 de junio de 2008
“Don’t worry we’ll soon be dead”
Dicho Irlandés


Dende que o mismísimo Breogán puxera a vista na verde Eire subido na Torre de Hércules, Galicia xa se tornou irmá de Irlanda por línea directa, anos de celtismo, e de adoracións a deuses da natureza o testemuñan, de feito non debemos esquencer que o deus supremo do panteón irlandés, Dagda, deus-druída e deus dos druídas é doado de distinguir según os contos irlandeses pola súa extemada glotonería e desbordante sexualidad…vamos que o Dagda ben pasaba por galego ¿non si?...

Este celtismo que nos ven de lonxe fai que as nosas tradicións, galegas e irlandesas, corran parellas sen que os anos de separación temporal dende que nos mesturamos os de aló cos de acó ou viceversa, se noten nin unha miaxiña… para nós, celtas de pro, todo foi sempre máxico e prodixoso, o amor por exemplo, ese invento do San Valentín xa se celebraba por aquí sen tanta leria, chamábaselle en gaélico irlandés “Ambiwolka”, que traducido ó idioma purificado e decantado dos celtas, era Imbolc. Este era o tempo das purificacións e do lume sagrado que libertaba a terra propiciando a fertilidade e o espertar do sol despois do frío e gris inverno, vamos que había que se dar amor do bon para irlle dando lume o corpiño… ¿e a morte? Pos tamén se levaba con alegría, para iso estaba o Samaín facíase unha festa de conexión cos mortiños dun ou dunha e xa estaba, e é que para os/as celtas a vida sempre veu sendo un periodo de transición entretida ata o momento da morte que se aceptaba sen complexos e pa diante, si señor!
O caso é que chegado ese momento da morte podemos falar de paralelismo entre as lendas e o folclore que conservamos en Galicia e Irlanda máis que nunca, do mesmo xeito que acontece con moitos outros temas e seres mitolóxicos. En ambos casos, Irlanda e Galicia, consérvanse no caso da morte dúas figuras que exercen como “avisadoras” de aquelas/es que son chamadas/os a pasar ó outro mundo, trátase da Banshee irlandesa e a Santa Compaña galega, ambos mitos dunha misma representación mortuoria.

A Banshee en Irlanda
Coñécese como Banshee na mitología irlandesa ó ser sobrenatural que cos seus laios anunciaba a morte dalgunha persoa. A Banshee toma a forma dunha muller de faciana moi pálida, pequena co pelo longo blanquecino e enmarañado. Levaba roupas similares ás dunha labrega, normalmente brancas, grises, vermellas etc. pois os colores máis antergos representaban o dó mentras que o vermello asociábase coa maxia e o sobrenatural.
As veces aparecía sentada peiteándose frente a un espello mentras que se lamentaba. Choraba na noite tardía e no comezo da mañá, encaramada ás veces nunha fiestra e sempre días antes da morte da persoa á que viña avisar polo seu pasamento. Cando se movía pola noite o seu ruido semellaba bandadas de paxaros en movemento. Pero o máis destacado e a súa manifestación: un berro smilar ó queixido aterrador do pranto e do sufrimento, din que aquel que o escoitou nunca puido esquencelo…
A lenda máis difundida en Irlanda fala de que as Banshees veñen da famlia das fadas e foron designadas para chorar a morte e asemade para predecir co seu pranto a morte das cinco grandes familias de Irlanda (os O'Neills, os O'Briens, os O'Connors, os O'Gradys e os Kavanaghs) e os seus descendentes. Así finalmente conta ademáis a lenda irlandesa que non será ata que o derradeiro familiar de calqueira desas familias morra que se deixe de escoitar o aterrador salouco da Banshee en terras irlandesas…
A Santa Compaña en Galicia

A Santa Compaña é unha procesión de mortas/os ou ánimas en pena que pola noite cando xa non hai luces percorren errantes o camiños dalgunha parroquia galega. A súa misión básica consistía en visitar todas aquelas casas nas que nun breve periodo de tempo ía ter lugar unha morte. Cuveiro Piñol, no seu Diccionario Gallego (1876) escribe: Compaña: entre o vulgo, creída hoste ou procesión de bruxas que andan de noite alumeadas con osos de mortos, chamando ás portas para que as acompañen, aos que desexan que morran axiña...
A comitiva fúnebre camiña pregando e con cánticos fúnebres mentras toca unha campaíña, ó seu paso cesan previamente todos os ruidos e o único que se pode oir con nitidez son os ouveos dos cans. A procesión vai encabezada por un vivo que levará unha cruz e un caldeiro de auga bendita mentras é seguido polas ánimas que portan candeas acesas.
Non sempre se pode ver á Compaña, a veces é o seu cheiro a cera é o que a fai previsible ó lonxe, cunha sinuosa e serprenteante fila de luceciñas que percorren as aldeas amosando a súa presencia. A persona viva que percorre coa Compaña os camiños non se lembra polo día de todo o que lle ten acontecido pola noite, por iso recoñécese a estas persoas pola súa extremada delgadez e palidez. Estas poden debilitarse ata enfermar sen que ninguén saiba as causas de tan misterioso mal. ¿E como lograrán deixar este castigo? Pois parece ser que coa súa propia morte ou atopando outro incauto que ocupe o seu posto, por iso se algunha noite de “discotasca” voltan sos ou soas polas aldeas galegas e se topan cos da Compaña inda que sexa rematando o botellón, recomendámoslles encarecidamente que non as/os miren á faciana, que se tumben boca abaixo no chan ou que tracen un círculo nel no que se meter e sobre todo, non deixen as mans libres, ainda que sexa agarren o vasiño, pero mantéñanas ocupadas antes de que lles encamben o cubo, a cruz ou o caldeiro… celtas si, pero tontos non.
Corral Soilán, Cristina
Corral Soilán, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES