Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Consumir enerxía

martes, 17 de junio de 2008
Consumir enerxía é sinónimo de actividade, de transformación e de progreso. Este postulado certo, pode sen embargo resultar enganoso e levar a deduccións que non se correspondan coa realidade, ofrecendo a imaxe dunha situación optimista ó utilizalo como indicador dun suposto desarrollo, que pode non ser tal.

En resumo, a frase coa que iniciamos o comentario faise realidade sempre que ese consumo estea axustado ás nosas necesidades e trate de aproveitar ó máximo as posibilidades contidas na enerxía.

Os efectos negativos que o gasto enerxético, abusivo ou sen control, acarrea á natureza son ben coñecidos, e esta realidade debe concienciarnos nunha actitude restrictiva do seu consumo. Porque o aforro ten ademais unha ventaxa inmediata: o recibo da luz, cada vez mais gravoso; por eso se nos recomendan unha serie de medidas conducentes a lograr esa reducción nos fogares, sen renunciar ó benestar: apagar as luces innecesarias, usar aparellos e lámparas de baixo consumo, etc...

Co aparente fin de convencer ás xentes, as institucións públicas, é decir, os gobernantes, emprenden campañas informativas ó respecto na televisión, na radio e nos xornais. Pero o fin é aparente, decimos, porque eses mesmos organismos ou os seus responsables son os primeiros despilfarradores da enerxía, como todos sabemos.

Basta para constatalo acceder a calquera edificio público estatal, autonómico ou municipal: as súas luces aparecen a cotío encendidas, mesmo que as dependencias se atopen baleiras ou que, incluso no verán, entre o sol a raudais nelas e as inunde a luz natural. ¿E qué decir de paraxes inhóspitos nos que pola noite ninguén circula, e se se fai é en coche, e que durante o ano moitos miles de horas alumean para ninguén?. E non se trata de catro luces de situación, senon de auténticos alardes de estéril iluminación...

Polo tanto aforro enerxético, sí; campañas divulgativas, tamén; pero sería desexable que neste tema, como en moitos outros, os nosos gobernantes actuasen de xeito mais coherente e mais aleccionador. Non sempre consumir mais significa maior progreso nin benestar…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES