Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Furanchos

lunes, 16 de junio de 2008
Quizais por primeira vez, a palabra “furancho” apareceu no Diario Oficial de Galicia. Está ben, polo que supón de achegamento oficial, neste caso da Consellería de Innovación e Industria a un tipo especial de establecementos que na práctica só existe polo Salnés, O Morrazo, Redondela, Poio, Porriño, e son establecementos que en teoría só poden vender o viño da propia colleita, que resulte excedente do consumo do adegueiro.

Moitos furanchos teñen evolucionado e son establecementos de hostelería plenamente homologables, e esto é o que pretende a normativa que ven de ser publicada pola Xunta de Galicia: Que os que queiran expandir o seu negocio se sometan ás ordenanzas que rexen nos establecementos de hostelería, e o que sexan furanchos no mellor sentido da palabra se rexistren como tales.

Estando como estamos no occidente normativizado, onde toda actividade está suxeita a unha complexa lexislación, nin os furanchos poden quedar fóra. Como non quedan fora a elaboración dos queixos artesanais, os augardentes caseiros, e todo aquelo que ten relación co consumo público.

Quéixanse os titulares dos furanchos que a Administración non se acomoda á súa realidade, e pode ser verdade porque a Administración en boa parte lexisla con fermosa prosa poética non destinada a cumprirse senón a quedar ben. Pero todo é perfectible, e se hoxe os furanchos van ter unha normativa que o sector considera demasiado estricta, seguro que a realidade se ha de impoñer e acabaran tendo a festa – e a bebida – totalmente en paz uns e outros.

Por certo: fálase de que en Galicia hai arredor de setecentos furanchos. Non é extraño que chamen a atención da Administración, e que haxa que telos en conta e debidamente rexistrados e legalizados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES