Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un premio para a Rede

viernes, 13 de junio de 2008
Os premios Príncipe de Asturias son unha iniciativa social e política que ten rendido ó veciño Principado un sen fin de beneficios, imposibles de cuantificar, que comezan polo vencello e presencia do Príncipe herdeiro da Coroa, co que desde o primeiro momento garanteuse un impacto mediático e social.

De que a repercusión fóra das fronteiras do Estado se ten conseguido son boa proba as numerosas candidaturas que se presentan ós diversos premios moitas delas dunha relevancia especial que acreditan sona a escala mundial.

Tamén os premios, que contan con xurados destacados e escollidos, se conceden a persoas ou institucións que pola súa relevancia social- amplifican a sona destas anuais convocatorias que se ve atoparon o seu lugar no mundo das competicións superlativas.

Este ano, agora mesmo, vense de conceder o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades a Internet por concederllo a un dos elementos máis característicos da Rede, o buscador Google, que se ten convertido no elemento de referencia para simbolizar a importancia e utilidade deste novo mundo da comunicación, da relación e da cultura.

Google, que cumpre dez anos de existencia, é o exemplo paradigmático dunha Rede nacida con fines militares e académicos, que ten cada vez maior presencia social, e tense convertido en elemento vital, insustituible, non só para unha elite senón para -absolutamente- todo o mundo.

Do mesmo xeito que prensa, radio e televisión se complementan, e se algún deles faltara ou diminuira os outros asumirían o seu papel informativo, a Rede gañou en tan breve espacio de tempo non só un rol senón unha participación directa, de xeito que hoxe sen Internet a sociedade non sabería vivir.

Toda a Rede resulta premiada. Porque Google é unha punta do iceberg que invade o mar das comunicacións, buscador máis válido cando máis pode informar de todo o que a Rede ofrece ó internauta. Que resulta inmenso, cada vez máis, porque cada vez é máis importante o imparable fenómeno de Internet na nosa existencia. Premiando Google, prémiase a Rede. Todos estamos de noraboa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES