Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co medio ambiente

lunes, 02 de junio de 2008
Énchesenos a boca a todos cando falamos do medio ambiente, sabendo que falamos de algo importante, aínda que non saibamos con exactitude ata onde comprende esa denominación, e os aspectos cotiáns da nosa vida que nos inflúen ou nos que influímos co noso comportamento.

Nos infinitos puntos de vista sobre o medio ambiente, nos que cada galego ten unha opinión formada, hai dous case sempre contrapostos, cada quen coa súa maior ou menor porcentaxe de razón. Son os da Administración e dos ecoloxistas.

Que non hai unha Administración, senón varias. Do mesmo xeito que movementos ecoloxistas son tamén variados, a todos os niveis.

Nos temas de medio ambiente ten competencia o correspondente Ministerio e, de xeito especial, a Consellería do mesmo nome da Xunta de Galicia. Pero tamén os Concellos. E temos responsabildiade todos.

Cando a Consellería se pronuncia sobre un aspecto importante relacionado co noso contorno natural, os movementos ecoloxistas aportan outra visión do tema. Sempre distintas, case sempre opostas. Señal de que, polo menos ata o de agora, non falaban, non negociaban, non se poñían dacordo.

Unha nota de Consellería da conta dunha reunión de traballo do Conselleiro Manuel Vázquez con seis das máis destacadas asociacións ecoloxistas, que pode ser un punto de partida para unha mellor relación da que todos podemos beneficiarnos. Estaban representantes da Federación ecoloxista galega, Adega, Verdegaia, Amigos da Terra, Sociedade Galega de Historia Natural e Federación Galega de Medio Ambiente.

E vanse xuntar cada trimestre nun foro de debate para falar dos temas que afectan ó medio ambiente. A primeira xuntanza será o próximo venres.

Que falen, que se escoiten, que analicen, que estudien... Que deixen de combater e traballen xuntos. Verán – e veremos – que ben resulta todo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES