Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: O Concello e o Asilo (II)

jueves, 29 de mayo de 2008
Acaso poda afirmarse que sempre o Concello, dun xeito ou doutro, tivo atencións para co Asilo; pero sería o 6 de marzo de 1975, cando esta axuda se formaliza, ó tomar os edís o seguinte acordo: “Considerando la extraordinaria y meritoria proyección social del Asilo, que redunda en la satisfacción de aspiraciones de la vecindad, a la que esta Corporación debe contribuir, y para lo que tiene competencia específica, el Pleno acuerda, por unanimidad, conceder una subvención de 50000 pesetas, a los fines de tan benéfica Institución, cantidad que ya se hace constar en el presupuesto”. Como aquél ascendía a 11 millóns de pesetas, destinouse case que o 0,50% ; ó seguinte ano, con un presuposto de 17 millóns aportan 100000 ptas.; é decir preto do 0,60%. Nesa liña ascendente seguiron as aportacións, pois en 1982, con un presuposto de 74 millóns, pasaron ás 150000 ptas. e así foi tamén ó seguinte, aínda que éste sería o último que por iniciativa da Corporación se subvencionase ó asilo; daí que o ano 1986 as monxas se dirixisen ó Concello pedindo unha axuda, que acordan conceder polo mesmo importe do 83: 150000 ptas.. Según as cifras, de 1975 a 1983, a aportación municipal media foi do 0,30%; é decir: de prevalecer nos gobernantes ese espíritu, ¿qué cantidade percibiría o Asilo nos últimos vinte anos sen subvención, aínda que se modificasen as porcentaxes, tendo en conta o incremento dos presupostos ata hoxe que pasa dos mil millóns de pesetas?: as vontades non sempre están en función dos medios...

Polo outubro de 2000 unha nova conmociona ó pobo: as Hermanitas, despois de 67 anos, deixan o Asilo. A falta de información fai que, como sucede sempre, se disparen as cábalas e rumores e non quede títere con cabeza. Parece que a solución estaba na congregación guatemalteca de Marta e María que chega a Foz nove meses despois, pero que á súa vez ós tres anos renunciaría… O 1-10-04 arriban a Foz os Mensajeros de la Paz, e con eles volve a serenidade, a orde e a esperanza. Sen dúbida estes feitos marcan un antes e un despois na historia da Casa; por eso entendemos que as Vodas de Platino, amais de outros posibles obxetivos, deberían de servir para proxectar á nosa sociedade, acercándoa, a imaxe da nova Residencia; dos novos tempos, con independencia do que depare o futuro.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES